jueves, 26 de julio de 2012

Se hoxe e venres (e fin de més) hoxe hai Curry Xaponés

O 8 de Julio de 1853, un tal Comandante Perry (da Mariña dos Estados Unidos de América) apareceu pola bahía de Uraga (en Xapón) con 4 barcos de guerra, e a partir de ese momento rematou o illamento internacional de Xapón, o shogunato, e comeza a historia do Xapón moderno ...

... pero tamén significa o comezo dun plato tradicional xaponés ben curioso: o Curry Xaponés. Porque segundo os historiadores, o curry entra en Xapón a traverso dos mariñeiros da Royal Navy (a armada inglesa). Por iso se ben polo nome parece ter orixe indio, para os xaponeses parecíalles un plato occidental.

Sempre tiven moita curiosidade por poder probar este plato: hoxendía é o plato máis popular en Xapón (sí, os xaponeses non coment sushi todo o día, probablemente sexa máis realista pensar que toman curry todos os días - ou moitos días). Ademáis, coma pasa cando os xaponeses aceptan un plato estranxeiro (coma pasou co tempura ou co Namban) danlle sempre un toque especial.

No restaurante Oh! Sushi en Vigo, teñen a tradición que o último venres do mes, ofrecen (só no menú do mediodía) a oferta de curry xaponés en plato único. A min sempre me coincidía mal e nunca daba ido (de feito fun unha vez pensando que o servían pola noite), pero finalmente fun.

Mirade que pintaza ten este plato de curry:

Platazo de Curry con arroz en Oh!Sushi

Coma podedes ver trátase dun guiso contundente de verduras e carne, que se come acompañado con arroz (arroz de tipo pegaxoso). Por un lado ten a familiaridade do curry estilo inglés, pero ten un toque moi diferente e exótico que non deixa de recordar a Xapón. Delicioso!


O plato ven especiado pero suaviño, sen picante. Pero os xaponeses de pro, gustalles este plato moi picante, así que no restaurante tes a opción de engadir picante ó plato usando un moi artesanal, orixinal e bastante convinte sistema de servir guindilla en pó:
Para servirse o picante, sacar o garabullo
En resumo:

Entrantes, plato de curry, postre, bebida: 12€
Importante: só o último venres do mes (avisan no seu Facebook: Oh Sushi)
Importante: só ó mediodía

Restaurante Oh Sushi (http://www.ohsushi.es/)

No hay comentarios: