martes, 31 de julio de 2012

Pizza mala e manual de instruccións

Hai un par de meses fixen uns cantos posts sobre as Pizzerías máis xeitosas de Vigo (na miña opinión). Agora para completar vouvos falar da peor pizza de Vigo. Iso sí, non vou a especificar onda é (porque non nos apetece andar a críticas, e porque por outro lado, hai moita xente que parece estar moi contenta co sitio).

¿Cal é o problema do sitio? Pois cando chegou a pizza, a masa era gorda e dura coma unha galleta. ¿Sabedes coma eran aquelas bases de pizza ultraconxeladas que se venden dende hai moitos antos? Pois sactamente un choio parecido, pero nunha pizzería. (Non insinuo que no sitio usen bases ultraconxeladas: se cadra eles fan a man estas bases de pizza todos os días para que queden e sepan coma pizza ultraconxelada - non entendo ben para que). Vaia, que ata as cadenas de pizzerías conseguen unha masa moito máis natural. Ata as pizzas 'frescas' de supermercado (esas que venden refrixeradas para quentar na casa) dan máis o pego. Para min non me parece admisible.

Ah, o comentario será: vaia, pero por contra: seguro que se esforzaran nos ingredientes. Pois na miña opinión tampouco: queixo en lonchas, un chisco testimonial de tomate e unhas poucas noces. Pois esta cousa tan discreta (e pequena, de 12cm de diametro), máis unha cervexa, costoume 18€. Nin barato, nin abundante, e por suposto non bó.


O curioso do caso é que o sitio, estábavos cheo. De feito, coma eu non quixen tomar enteira a pizza (polas razóns antes mencionadas) rematei rápido, facendolle un favor a unha parella que estaba esperando sitio (ou fixenlles unha putada, polo malo que é o sitio). E a maioría dos clientes parecían entusiasmados cas súas pizzas (que eran do xeito ou peor ca miña, non hai tal excusa). Que podo dicir eu ante iso? Clientes satisfeitos, negocio vento en popa....

Neste caso, é un exemplo máis de que en gustos cada quen ten o seu. Aquí en Laconada limitámonos a dar a nosa opinión do que nos gusta, e do que nos parece interesante para outros. (E en moitas ocasións os diferentes Laconeiros temos opinións ben diferentes). Por iso somos moi coidadosos de intentar incluir fotografías de cada visita (para que vos fagades unha idea visual do xeito que cociñan no sitio, do tamaño das racións e máis cousas que entran polos ollos) e tamén de deixar claro os prezos (indicando claro o que entrou e non, que estes típicos de guia de "20-30€ a la carta"). 

3 comentarios:

Andrea dijo...

Non aporta moito o post se non se menciona o sitio, digo eu...

Xose Ramos dijo...

Aporta:

- Xa recomendei pizzas en outros sitios polo que quen queira recomendación miña, xa a ten.

- O post non é sobre un sitio malo e criticalo, de feito, coma dixen a moita xente parece gustarlle ese sitio (soprendentemente)

- O tema principal de esto escrito é falar sobre o personal que poden ser os gustos culinarios e de coma só podemos indicar as nosas preferencias, dar pistas e dar a maior información para que o visitante escolla

Se non se entendeu este último punto, sintoo.

Coma son galego respondo cunha pregunta:
Para que che serviría saber dun sitio en Vigo que non me gusta a Pizza?
:)

Andrea dijo...

Poderiame servir para ir a probar e comentar se estou de acordo ou non coa tua opinión da pizza.
Guieime por a tua recomendación de L´Italiana e descubrín un sitio novo na miña cidade :)