Así que a última hora, houbo que cambiar os plans, e de maneira moi dilixente tanto Mónica coma Lola (a cociñeira de Checho) organizaron unha alternativa: a mesmiña comida que íamos facer en Ons, rematamola facendo en Noalla, no restaurante A Illa (así que de calqueira maneira rematamos comendo nunha Illa): ¡¡fagamos un hurra por eles!!
Velaquí a nosa pequena desgustación da gastronomía da illa:
- Percebes (os de Ons son fantásticos)
- Empanada de zamburiñas (de fariña milla)
- Polbo á Feira (o prato típico de Ons e o polbo con patacas, que non é exactamente o mesmo)
- Cocido con bolos do pote
- Bandullo e empanada de mazá
Vamos, un banquetazo. Banquetazo que podedes repetir, porque todos estes pratos se ofrecen en Casa Checho en Ons (e a visita á illa merece moito a pena). (Bueno, coido que o cocido non se prepara habitualmente para os clientes, pero non sei se se lles pode pedir igualmente).
Pero coma sempre, a comida foi importante, pero máis importante foi xuntarnos todos. E esta vez fomos aínda mais do habitual: tivemos algúns amigos acompañando e uns cantos invitados que coñecemos a traverso da páxina do Facebook dos Blogastrónomos.
Moitas gracias a todos, especialmente a Lola, Pepe e a súa nai (de Casa Checho), que nos permitiron achegarnos un pouco a Ons sen alí estar. E un saludo a todos cantos nos coñecemos ese día.
Coma sempre hai outros contos sobre a Xantanza:
- Colineta publicou un fantástico artigo sobre a cociña de Ons (cun video) no que Lola nos explica algúns segredos da cociña.
- Manuel Gago escribe con moitas Emosi-Ooooooooonnns.
- Another Cow In the Corn estivo connosco e tampouco chegou a Ons.
¡É máis que se contará (fotos incluidas) no Facebook dos Blogastrónomos Galegos!
Tamén: La Cocina de Lechuza compartiu a xornada connosco. Toda unha honra.
Post Scriptum:
Non todo foi Ons, ademáis na xantanza poidemos coñecer (e probar) a fantástica laboura de agricultura ecolóxica que están facendo os rapaces de La Finca de los Cuervos. Presentaronnos un dos seus productos novos, as que eles chaman baby leaves (eu case os chamareía brotes ou gomos), que é un dos segredos dos restaurantes máis prestixiosos de galicia: verduriñas da máxima calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario