martes, 12 de agosto de 2014

O Culler de Pau está de volta, e hai que visitalo!

Estaba preparando un post máis longo, pero falta de tema, mil voltas que da a vida (entremedias estiven no continente Americano e tal), a cousa non saía nunca.

E non ten moito sentido retrasalo máis. Bueno, vou ser breve, vou poñer fotos para que enchan o ollo, e vouvos dicir que hai que visitar a mister Olleros en O Grove.  A súa cociña é excelente, e está a tope de forma. De feito, podo dicir que logo de ter visitados uns cantos restaurantes en diversos paises (e diversos continentes) o Culler de Pau foi o mellor do que levo este ano.

E recomendo moito que vaiades pola opción de que escollan eles a maridaxe. Fan unhas suxerencias e combinacións excelentes (por exemplo Champange e un Manzanilla de Sanlucar de excepción).

Veña, as fotos.

Fora do Menú:


Menú degustación:














O menú degustación longo sae por 80€ (a relación calidade precio moi bóa, mirade o nivelazo dos pratos e os productos). Hai unha opción de maridaxe que incrementa 30€ (uns 6/7 viños por copas para acompañar). A miña recomendación é ir pola maridaxe.

Non fai falla dicir que estando en O Grove, a cociña de Javier Olleros está moi enfocada no mar, abundando os platos de marisco e peixe. Pero gustaríame destacar que tamén ten moita importancia a terra. Un dos segredos do Culler de Pau é que moitos dos productos vexetais que ofrece non os poderedes tomar en outro restaurante, porque se cultivan alí a pouca distancia da cociña. Javier traballa con unha agricultora de O Grove que lle prove de productos de agricultura a pequena escala. (O do KM0 en estado puro).  Vamos, unhas hortiñas coidadas con moito cariño. E notase moito.

Outra cousa a destacar do restaurante é que o menú degustación vai variando constantemente. Podedes comprobalo vendo o enlace de Manolo Foucellas que estivo no Culler de Pau uns días despois e tamén tomou o menú degustación.  (De feito o meu menú variou lixeiramente sobre o que estaba impreso, coma podedes comprobar se comparades as fotos ca imaxe do menú. O plato de anguía era un experimento que estaba preparando Javier. )

Culler de Pau (http://www.cullerdepau.com)
Reboredo, 73, 
36980 O Grove, Pontevedra
Telefono: 986 73 22 75

No hay comentarios: