sábado, 24 de enero de 2015

Passmar Coffee: or how I learned to stop worrying about the "BAR" and love the cofeee

O longuísimo título de este post é unha trapallada que xoga co nome da peli de Stanley Kubrick, que aquí chamaron (un nome fantástico) "¿Teléfono Rojo? volamos hacia Moscú".


A película é moi recomendable, e aproveito para conpartirvos os títulos de crédito do comenzo da película, que tamén son unha xoia de deseño visual.

Este post vai de café, que é unha das cousas que máis me están facendo disfrutar agora mesmo.

Antes de seguir unhas cantas cousiñas:

  • A mellor maneira de tomar café é o expresso
  • Arábica, arábiga, arábica
  • Os italianos son os maestros nesto de facer o café
  • Se non vai a 9 bares (de presión), que vai ser bó café
Hala, xa sabes o o máis importante do café, non fai falla que sigas lendo.

Todo comenzou así un pouco de casual. Eu pensaba (porque me tiñan aprendido así) que sabía máis ou menos bastante do café. Tiña claro cal era o bó café. Ou iso pensaba eu: ¿e coma non se todo o mundo dicía o mesmo? Non tiña moitas pretensións... eu so quería tomar un chisco de café mentras almorzaba. Aquí hai unhas cantas cafeterías (aquí en México temos ó lado da oficina 4 Starbucks, e outras 2 emulas de Starbucks, e uns 7 sitios onde fan café filtrado estilo USA) e non hai problema para comprar un café un vaso de papel e meterse cafeina.

Pero eu sonvos así medio peculiar, e apetecíame tomar un cafeciño na casa e quentar o estómago mentras tomo o almorzo.  Pero tampouco quería complicarme moito. Un día pasei polo Passmar (esa cafetería gourmet da que xa falei e que está no medio dun mercado) e vin que vendían o Aeropress. Ademáis comentarame tiña boas referencias do aparato por parte de Polo.  Así que pensei:
"Por menos de 30€ teño un aparato para facer café que non se tarda máis de 5 minutos, e en vez de comprar café "industrial" podo tomar un pouco de café cultivado a menos de 4 horas de aquí, que algo máis fresquiño estará."
Alá fun, e mentras compraba a Aeropress e me deixaban listo o café (recomendación de Passmar para a Aeropress: tueste medio, moido de 2 puntos e medio) pedín unhas enchiladas e coma era unha cafetería fixen algo que non adoito: acompañar o xantar con café, e pedir café americano (porque un expresso que é o que sempre pido parecíame moi pouca cantidade para as enchiladas).


Entón dinme conta... "Mecachis, pero que bó esta este café así. Vale que non ten o aroma este intenso de cando o pido coma expresso, pero por contra deixa un gustiño doce e suaviño, case coma se fose mel (e non levaba azucar nen nada)".  Que vaia, que o expresso que fan o de Passmar é moi bó (mellor que case calqueira que podades tomar en España ou Italia) pero que estabame gustando máis en xeito americano.

Os proximos días estiven probando polas mañás a facer o café ca Aeropress e co cafe moido que trouxera de Passmar:



Tal coma me contaran, ca Aeropress é fácil, rápido e queda bo café. Pero non vos quededes moi impresionado ca máquina. Coido que é un importante defecto ó que a moita xente ten obsesionarse co aparato á hora de facer café, non é o aparato, é o café o que sabe, tipos.

Non, o realmente intereante foi descubrir que o café que fago, non é moi escuro, máis ben parece agua enferruxada, queda un chisquiño aguado,  pero ... ¿sabedes o ben que arrecede? E o máis impresioante: ten todo aquel gustiño doce e meloso que lle notara o outro día no mercado. O mesmiño sabor.

Isto si que non o experimentara realmente antes. O café que tivera tomado en España, Portugal ou Italia estaba bó, e cheirama moi ben, pero non me deixaba un gusto así no padal. De feito remato de tomar o café e vou cara o traballo e sego a notar ese gustiño media hora ou máis.

Ista maravilla vai ser cousa do gran, e da maneira en que se deixa secar, segundo leo na web de Passmar:
"Atoyac de Álvarez se localiza en la región de la costa grande de Guerrero, es el principal centro del estado. La localidad que cuenta con mayor producción y productividad es el Paraíso. En Atoyac son 40 localidades cafeteras donde viven y cultivan 4,307 productores, de los que alrededor del 39% están organizados y el resto son productores libres. El Café Natural del estado es referente a nivel mundial, en el grano los productores desde hace 100 años se especializaron, a falta de recursos, en los métodos de limpieza que necesita el grano de café.

Por lo tanto en el manejo del cerezo los vuelve especialistas del Café Natural; qué significa esto? una diferenciación en cuanto al proceso de lavado, es decir, por proceso deberíamos eliminar la pulpa, fermentarlo, secarlo y seleccionarlo, (beneficio húmedo) cualidad que otorga acidez cítrica. Pero.....los Naturales no pasan por este proceso, son cortados y secados directamente con la pulpa.
La cualidad de la semilla es absorber todas las mieles, que contiene el mucílago, otorgando sabores melosos, frutales, intensos a diferencia de los cafés lavados, la acidez de los cafés naturales es málica (del latín Malus doméstica que significa-manzana) es uno de los ácidos más abundantes de la naturaleza."

Podo asegurar que tal coma din este café sabe ben diferente, moi afroitado, sen esa acidez intensa que teñen a maioría dos cafés que teña tomados. Encántame. E ata hai uns cantos días non sabía que habia café que poidera saber así, tiña toda a idea que o café debía saber coma o típico expresso ácido italiano (Illy estoy pensando en ti coma exemplo), que o certo é que nunca me pareceu moi chistoso. Ou o máis amargo pero un chisco máis dulzón que adoitan a facer en Portugal (un bó Delta, por exemplo). Pero non podía imaxinara que había un café de sabores suaves e afroitados coma o que estou tomando agora. 

Bueno, agora o obxetivo é seguir probando máis cafés Mexicanos. Para variar un pouco fun mercar café gourmet de Oaxaca: neste caso tratase do que chaman caracolillo.

"¿Que es exactamente el Café Caracolillo? 
Cuando se habla de Café Caracolillo se hace referencia al tipo de grano que se puede encontrar en cualquier arábica.
Por lo general, cada cereza de café contiene en su interior dos semillas (granos). Cada uno de estos granos ocupan una mitad de la esfera (o más bien ovoide) que forma la cereza en su interior. De ahí que tengan una parte más curva y otra (la interior) casi plana muy característica.
Sin embargo, los granos de caracolillo contienen una sola semilla.
Al desarrollarse en solitario, esta semilla crece en todas direcciones por igual y por lo tanto no aparece esa parte más plana que tienen los demás granos." 



Neste caso o café é diferente do "Café Natural" de Atoyac. Este é máis amargo e ácido e menos afrutado, pero tamén ten un gustiño final moi agradable, neste caso máis achocolatado, pero tamén interesante. 

O resumo de este post é un pouco.....
  • Non hai que pensar que só hai un xeito, hai que probar maneiras novas
  • Nesto do cafe tamén é moi importante a maneira en que se cultivou e secou
  • E sobre todo, que hai moitos sabores ben soprendentes que pode vir no café, que non todo é amargo e inteso
Veña, deixovos. Seguirei probando diversas variedades a ver que cousas novas vou descubrindo. 

No hay comentarios: