lunes, 9 de noviembre de 2015

Restaurante Culler de Pau (O Grove) 2015

Este verán tivemos una pequena xuntanza cun dos nosos clásicos laconeiros. E coma nos quedaba cerca (e porque eu tiña moitas ganas de volver) retornamos polo Culler de Pau. Ahí poidemos ver que o restaurante xa ten superado os problemas de urbanismo que fixeron que tivera que pechar un rato.

O Culler de Pau está funcionando a tope e moi ben.

Por certo aproveito para comentar que coido que non hai mellor opción para un encontro con amigos que levan tempo sen se ver ca un menú de degustación. Un xantar longo, con moito tempo, con pequenos platos, con pausas, da para moito e ben falar.

Unha vez máis deixamonos nas mans de Eduardo Camiña Ucha (o sumiller do restaurante): opción de maridaxe, que eu coido que hai que sempre escoller.




Comenzamos cun clásico da casa, o gazpacho helado de frutas ... un comenzo moi xeitosiño

Eduardo propuxo un blanco... que non era galego, se non gaditano... xa imaxino ós popes do viño galego: en terra de Albariños un andaluz? pero é que é un viñazo, e por outro lado, hai que probar cousas novas... nota, non é un viño fortificado pero si pasou pola crizanza esta dos Xerez, co que ten un sabor e uns aromas ... impactantes


Merengue con sardiña afumada ... babies, eu veño a Galicia precisamente por esto ... para tomar peixe pequeno. Que maravilla.


Ensalada de manzana, oxallis, apio y polvo helado de rabanito: un choio ben divertido e moi refixerante... 


Hierbas de Adelina, crocante de arroz, crema de anchoa, ahumados y encurtidos: este é outra clásico de Culler de Pau... (ei, pero xa o teño moi visto)

¿Lembrades o que comentaba antes dun viño branco non galego? Pois Eduardo os ten ben postos, seguiu con moi aromático viño austríaco. Un Grüner Veltliner de Nikolaihof. Fantástico viño.

Isto coido que era unha crema de esparragos fría con navallas (tardo tanto en escribir os posts que esquezo moitos dos platos, de feito incluso no mesmo día algúns platos non os reteño, menos mal que teño fotos para lembrar)


Xurelo, zume negro de salazón (non, non é tinta de choco, ainda que pode que leve). A min gustoume moito este plato, e coma moi... salgado... moi intenso. Está ben que sexa un petisco.


Outro choio lexendario do chef e o clásico ovo con queixo san simón e migas do restaurante. Pois eso, un clásico (ainda que eu gusto máis de algunhas novidades)


Xa estabades os patriotas do viño mosqueado, pois vai e Eduardo e trae un viño galego, pero ah, cousa especial, un tinto que non sabe a tinto.

Iste son os falsos canelones de boi de mar... a verdade é que están traballados dunha maneira moi rara, porque saben coma a boloñesa, ainda que sexan de marisco. Nun comenzo quedamonos un pouco así asá, pero agora co tempo é un dos pratos máis memorables.

¿E porque nos trouxeron un tinto que non era tinto? Porque había un plato de carne que sabía a algo máis ca carne. Esto é un tartar de boi. Pero tiña algo moi curioso... ¿que é o que tiña? Sabía diferente... pois que leva a graxa do atún vermello. Por iso sabe un chisco coma a peixe. Unh plato BRUUUUTAL!


E agora, Eduardo, traenos un Rioja Blanco... (os patriotas galegos volverán a enfadarse). Outra sorpresa, e outro risco do noso amigo Eduardo.

E se ben xa dixen que cando veño por Galicia veño con fame de peixe pequeno, outra das cousas que non se fai aquí coma en nengún outro lado é a merluza "de pincho": en todos os bos resutarantes galegos teñen un platazo con merluza, e aquí tamén.


E agora, un tinto que non parece tinto.... un viño francés. E escolleuse así porque o seguinde plato era carne pero algo máis...

O momentazo do día (ou no noso momentazo): apada de cerdo celta, con tallarines de choco, jugo picante. Brutal... vamos mar, un chisco de picante, moita graxa (de esta graxa que sabe a froito seco)... xenial.


E despois outra combinación de mar e monte: tuétano con anguía.


Para os postres, un viño doce canario... chamase El Grifo. Impactante, e brutal, coma foi todas as escollas vinícolas da noite.

E era un viño doce porque íamos ó postre:

Herbas aromáticas chamábase este, e este xelado estaba acompañado de diversas salsas e sabores a diferentes herbas. 

E para rematar, pois Frambuesa con toffe, cacao e iogur.

No hay comentarios: