jueves, 26 de noviembre de 2015

San Martiño (Novembro) no Twitter

Lembro que en algúns calendarios que había en galicia, no canto de Novembro, dícia San Martiño. Pois eso, aquí van unhas cantas cousas de este més que sairon no Twitter de Laconada...

Comezamos cun pouco de comida de rúa:

Estiven en Tlaxcala, e unha das cousas interesantes que vin alí foi descubrir que os "tlacoyos" teñen forma triangular (e non ovalada coma en México DF). Moi bós estes tlacoyos (en Huamantla).

En xeral a comida da rúa en Tlaxcala (coma pasa en provincias) estaba moi bén.
Pero hai unha cousa pola que é máis famosa Tlaxcala que por outra cousa... polos "panes" (pasteles), ou todo tipos de doces feitos con fariña de trigo. Neste caso, fun en Muertos así que tiñan a súa propia versión de Pan de Muertos que non se parecen ós habituales (que van cubertos de azucre):


E ainda que non é Puebla, Tlaxcala está tan cerca de Puebla que se poden topar en moitos sitios un dos bocados típicos da cidade veciña: as cemitas.  Esta que tomei, era tan bóa coma unha de Puebla:
Falando de comida de rúa, estiven polo Estado de México (en Tenancingo, xa cara Tierra Caliente).

Lembrades que dixen que en Tlaxcala chamaban tlacoyos a uns choios que eran triangulares, no canto de ovalados, pois aquí en Tenancingo, fan unhas cousas que son tlacoyos (ovalados) pero lles chaman gorditas. Nota o interesante deste plato é que coma vedes está feito en comal de barro: ahí cociñase sen necesidade de grasa, co que a garnachada é lixeira. Maravilla!!

E tamén tomei uns esquites de rúa (moito millores ca os da cidade)


Doutras cousas, estes días cociñei na casa:
Elotes (millo fervido): eu tamén quedei abraiado cando tomou este cor amarela tan viva. O certo é que o fervín con tequesquite ¿tomaría o color polo tequesquite?
Tamén preparei o meu primeiro aguachile (o aguachile é unha especie de ceviche no que o peixe está moi pouco rato no limón, co que queda menos 'cocido' e leva tamén sempre un pemento moi picante - pero moito). Neste caso foi de peixe sierra, e coma podedes ver quedoume moi colorado. Iso contoo coma un erro, tiña que verse máis transparente.
(Pero estaba bastante OK de Sabor)
Tamén preparei outro clásico mexicano: as verduras con chile escabechado. A ver, seguramente en nengún restaurante mexicano en Europa veríades moito de esto, tal vez só os chiles ca zenoura, pero en realidad é moi habitual facer unha combinación de varias verduras co chile (que quedan picosísimas). Por exemplo, a coliflor comprase case sempre para acabar aquí. (A min gustame moito este choio, é 1) é moi fácil 2) preparas este plato e tes para varios días porque o escabeche conserva as verduras un ratazo)
E remato un pouco de coctelería. Deuseme por facer un Boston Sour (un tipo de whisky sour que leva ovo). Moi interesante (e moi proteínico).

No hay comentarios: