Moi bóas xentes compostelanas .... eu imaxino que xa coñecedes o Restaurante Manso (que está no ensanche - no sitio no que hai anos había outro restaurante, que xa nin menciono porque ca de tempo que xa leva e co ben que traballa habería que xa dicir: onde está Restaurante Manso, non?).
Pois eu non!
Así que o outro día aproveitando que tiña que ir facer unha visita en Santiago, paseime a comer alí, e coma non me queda moi a xeito (agora mesmo que vivo en México) pois pedín o menú degustación para probar o máis posible do cociñeiro:
Sopa de Maiz
Peixe marinado con agrumes (non lembro ben se era xarda ou xurelo, eu coido que máis ben xarda)
Foi gras natural cun pan boísimo
Rico, rico
Micachis na mar non lembro que carne levaba isto, coido que era porco (con paleta ibérica como podedes ver) con crema de boletus, o da seta si que o lembro....
Isto era unha cousa ben curiosa e ben pavera: orella de porco con bogavante. A típica cousa que a moita xente non lle gustaría pero que a min pegame moito, cousas chocantes.
Aquí temos outra vez peixe, xurelo neste caso feito ó estilo oriental (xaponés) e con puré de pataca
Aqui tiñamos un guiso de carne de vaca, moi de inverno, con lembrazas da cociña de perola clásica (e un pouco de toque francés, eh) outro gran plato
O postre foi xenial, isto de aquí é un aguacate con xelado e queixo fresco... fantástico, parece un plato que ata podería ser mexicano
cremoso de praline e nata
Se chegachedes ata aquí é que vos gustou o que estábades vendo.
Pois xa sabedes, facedelle unha visita.
Dos seus pratos encantoume o postre con aguacate: faisenos raro para nós, pero en moitos paises o aguacate considerase unha froita de postre. O foie gras, é de primeira, dos millores que se preparan en Galicia. Tamén é moi interesante toda a oferta de peixe marinado: na carta hai varios tipos e entendo que están dispoñibles todo o ano. Xa só por iso, encantaríame vivir cerca e poder ir unha vez ó mes.
Norabóa ó seu chef Alberto, e a ver cando podo ir para a próxima.
3 comentarios:
Estuvimos el pasado día 25 y nos encantó. Coincido en el postre de aguacate/cítrico/lácteo, y en general los pescados (nada de merluza, bien!). En general me pareció muy elegante, con pequeños toques que hacían toda la diferencia en el plato.
(Blogger me pone como anónimo, soy Anna Mayer!)
Gracias, ya vi las fotos... es curioso pero ha cambiado un tanto los platos en estos meses.
Publicar un comentario