sábado, 20 de febrero de 2016

¡Aguas! ¡Aguachile!

Antes de comenzar... "¡Aguas!" en México berrase para avisar de perigro (e ten unha orixe curiosa). E usoa no título, porque o aguachile é un prato ben picante.... pero estoume adiantando.

Hai anos quedei ben sorprendido ó descubrir un plato xaponés: sunomono. Fíxoseme ben curioso a idea de combinar pepino e productos do mar. Eu pensei... que curioso, coma se lles ocurriría esta cousa. Pois vaia, non foi ós unicos que se lles ocurriu. A 11000 kilómetros de distancia na outra punta do Oceano Pacífico, no norte de México, naceu outro plato que combina tamén:

  • marisco (camarón ou moluscos)
  • acido
  • pepino 
Tachaaan: o AGUACHILE

Nota, tampouco vaiades pensar que o sunomono ten moitas semellanzas, excepto na coincidencias dos ingredientes. Onde o sunomono é subtil, e suave, o aguachile é intenso e brutal (picantísimo). E pegalle moi ben a algo tan aburridete coma son os langostinos (que en México se coñecen coma camaróns). [Pola vosa mente esta pasando esa idea tan galega ... "NON LLE POÑAS NADA Ó MARISCO, VALO ESTROPEAR"].

Ah, espera, non so leva picante... se non que o marisco vai CRU (vaia que "nipóns" son estes mexicanos). Bueno, non vai cru, porque deixase "facer" en auga con limón, co que o marisco parece talmente cocido. Pero, a diferencia do ceviche mexicano, no aguachile o peixe/marisco deben estar pouco tempo en contacto con limón, para que o marisco quede ainda terso e manter o máis posible o gusto natural. 

Unha cousa interesante do choio... é que a podedes facer en Galicia sen moitos problemas. Os langostinos, o limón, o pepino e a cebola tédelos ahí. E en canto ós chiles ... podedes meterlle algunha salta picante (pero non, Valentina non) ou incluso facendoa sen chile. 
Toparedes moitas receitas por ahí, con outros ingredientes, pero coido que o importante é que confirmedes que a receita non abuse moito do tempo do marisco no limón.

Casi deixo sen contar unha cousa moi importante do aguachile: o chile chiltepin. Este é un tipo de chile pequeno, rendondiño, moi picante. E importante, é o máis semellante ó chile silvestre. 
Iste é un dos aguachiles que tento facer na casa. Ainda que pareza un plato moi sinxelo, nesta sinxeleza está a dificultad. Dependes moito da materia prima, e non é facil esconder os erros se fas algo mal.



Os ingredientes son moi sinxelos: camarons, cebola, chile (serrano), pepino e moitos limóns (si, son limas, pero xa dixen unah vez, aquí son limóns).

 Na batidora, zume de limón (moito), chile, allo, sal e pementa. (Nota, eu licueino todo esta vez, pero coido que a receita auténtica leva o chile en cachos grandes).

Os langostinos (crús) hai que pealos.

E logo hai que abrir os langostinos, e sacarlles a tripa (ese fío negro que teñen dentro).


Poñense nunha bandexa ou prato os langostinos así abertos.


Poño cebola, engado toda a mezcla de zume e chile.


Logo poñolle os pepinos enriba. (Nas recetas veredes que o pepino ponselle coma unha cama e os camaróns enriba, pero bueno, eu quería que a salsa cubrise os camaróns, e non me preocupaba tanto que lle dera ós pepinos: logo á hora de servir xa os poño por baixo).

Ainda que non é tradicional, eu vinlle isto nun restaurante e gustoume moito: poño uns tomates pequenos. Son moi ácidos, e peganlle ben ó sabor do plato.


E con 20/30 minutos, coma vedes, os camaróns grises/blancos, de repente collen a cor rosada coma se os houberas cocido. Xa está para comer.

Eu tomoos en tostadas de tortilla. 

No hay comentarios: