miércoles, 13 de diciembre de 2017

火腿 (xamón)

Estaba vendo un trailer sobre un documental moi interesante sobre a cociña china: China en el Paladar (un mordisco de China), e vin unhas imaxes de xamóns e lembrei que en China tamén se fan xamóns.

Ás veces os peninsulares somos un pouco egocentricos e pensamos que só aquí se fan xamóns (ou que os únicos xamóns bós son os de aquí), pero en case todas as culturas templadas (ou sexa onde hai frío, que é improtante para conservar a carne así) faise algo parecido.

E de feito podedes ver un pouco os videos, e é moi semellante a maneira que preparan o xamón por China.

  • Xamón de Jinhua
Iste ten de interesante que se obtén e porcos que son blancos e negros (coma os pandas).
The Panda Pig of China from Artisanal Foods on Vimeo.
  • Xamón de  Sanchuan
Neste caso é interesante este proceso de maduración que ten no que o cubren de papeles (ou telas finas) que van collendo barolo, e que despois meten en algo que parece area ou cinza. Vaia sistema máis complexo de preparación.

  • Xamón de Anfu
 Neste caso o proceso parece máis ó noso, pero deixano envellecer moito tempo máis, mentras vai tornando negro.

  • Xamón de Rugao
 Iste é de porco negro. Aquí é fascinante o moito que discuten ca carne apañando a graxa ¿non estarían contentos ca gordura do porco?




Si... xa sei que a metade de estes videos son en puro chino, e non, non entendo chino. Pero coñe, algo sei de porcos e de salgar carne. Sen saber moi ben que están comentando, pois mirar coma se vai preparando o xamón éme interesantísimo. ¿Ou acaso nunca que teñades viaxado non tedes quedado mirando que fai a xente sen poder falar con eles porque non falades un idioma nen sequeira parecido?

Ademáis, en todos estas reportaxes chinas saen imaxes de pratos que preparan cos xamóns ... e dan unha famaza....

No hay comentarios: