Supoño que xa sabedes que en toda Europa fan filloas (con outro nome). Pois gracias a unha amiga austríaca descubrin que fan unha sopa na que poñen dentro filloas cortadas en tiras (coma se fora pasta). En Austria chamase Frittatensuppe (en Alemania Pfannkuchensuppe).
Ahí pensei ... aquí en Galicia temos filloas, e temos caldo ¿coma é que ninguén pensou en algo así? Pois aquí imos facer.
Fixen filloas de caldo (ovo, fariña e auga de caldo). Estan escuras porque acabei a fariña de trigo e completei con fariña de centeo. Pero na receta orixinal esto faise con fariña de trigo.
Fixen filloas de caldo (ovo, fariña e auga de caldo). Estan escuras porque acabei a fariña de trigo e completei con fariña de centeo. Pero na receta orixinal esto faise con fariña de trigo.
E logo cortanse en tiriñas e engades o caldo (eu tamén puxen cacheira, pero non se ve na foto) e tomalas antes de que se desfagan as filloas (porque co caldo vaise desfacendo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario