Somos moi fans de Boliños (un pequeno sitio de picoteo de moi alto nivel en Vilariño). Pero parte da nosa familia é celíaca. E cando pensamos en ir nun sitio ... coma en Boliños a sua carta é de pequenos bocadillos e baos, pois pensamos que non era axeitado pero ... ¡¡TODO O CONTRARIO!!
Boliños ten un menú amplísimo para celíacos.
A parte do menú que non son boliños, pois todos os platos estan feitos para non ter glute (idem cos acompañamentos).
Por exemplo:
![]() |
| Costela de porco con salsa de maní |
![]() |
| Remolacha asada con salsa (salgada) de iogur e avelás |
![]() |
| Aliñas de polo con prebe cítrico |
Pero o que non nos esperábamos é que toda a parte de boliños, os que son boliños (que van dentro de pan), os preparan sen contacto con gluten, e chos serven en tortillas de millo. Co que gran parte deste menú tamén é válido para celíacos. (Os baos por contra si que non se poden pedir sen gluten).
Por exemplo:
![]() |
| Porco desfiado con cebola encurtida |
![]() |
| Panceta afumada con kimchi de pepinos |
Pois nada, para todos os que estedes pola zona da ría de Aldán e vos faga falta un lugar onde poder encargar comida sen glute e sen contaminación cruzada:








No hay comentarios:
Publicar un comentario