miércoles, 16 de noviembre de 2016

A lexendaria mesa imposible

Un non deixa de abraiarse pola insistencia na prensa, na web e mil e un sitios nos que sempre que se fala dun restaurante "top", sempre rematan por soltar o típico "imposible conseguir a mesa", "reservado hasta el 2017" e cousas así. Parece coma que fascina a "exclusividade" e a "imposibilidade".

Imos a poñer un curioso exemplo do contrario:
  • Restaurante do top 15 da lista "Restaurant" ( á que non lle fago nengún caso, de feito, non sabía que o restaurante estaba na lista cando aparecín por alí )
  • Cidade de 20 millóns de habitantes (entre eles probablemente máis dun millón con cartos suficientes para ir ó restaurante)
  • Sábado ó mediodía dun día normal (nen puente, nen algo que xustificase que a xente andivese a outras cousas)
Pois eso, que coincidiu que tiven que achegarme ó consulado de España para votar (xa tedes unha pista de que data sería) e o restaurante estaba ó lado. Aparecín por alí a iso das 13:00 pola porta do restaurante... SEN RESERVA e pregunto se podo quedar a comer.

Tardan un tanto mentras revisan as reservas, e dinme que si que teñen unha mesa libre ata se remato antes das 15:00, pedindome disculpas. A verdade, 2 horas xa me parece tempo suficiente (ademáis ca avantaxe que seguramente me traian os pratos máis rápido porque a eles lles interesa que remate cedo).

Hala, a famosa mésa imposible nos próximos 3 meses foi posible.

(Certo é que xoguei co coñecemento que xa teño observado que nesta cidade nas fins de semana a xente non vai comer antes das 16:00).

Ah, sobre o restaurante xa falei en outra ocasión e xa comentei que nos postres ten un nivel memorable:


Seica este conto non parece ter moita dirección, pero si que quería ir a algún lado:

Coido que é erroneo trasmitir esa mensaxe de "todo reservado", "mesa imposible" e cousas tal. Xa sei que os periodistas e os blogueros contan o que lles da a gana, e a todo o mundo lle gusta fardar co que pudo ir a comer a un restaurante exclusivísimo. Pero coño, habería que replantexalo:
  1. Aclarar se as reservas son tan difíciles durante toda a semana, ou só nas findes (eu non tiven problema en reservar na Osteria Francescana con 2 semanas de antelación, certo é que fun un martes).
  2. Ainda que podan admitir que sexa díficil, animar á xente que chame ou mire se hai sitio disponible. Chi lo sa?
  3. Se cadra pódese poñer en marcha o tema da lista de espera, que no caso de que haxa unha cancelación podan ofrecerche ese sitio. (Teño uns amigos que conseguir ir o 12 de Outubro a DiverXO por este sistema). 
Pero non sei, este choio de desanimar á xente que poda optar a ir ó restaurante non ten moito aquel. Ainda que cada quen faga o que desexe.  

No hay comentarios: