martes, 26 de enero de 2010

O menú da Xantanza en Casa Marcelo

Menu da XI Xantanza en Casa Marcelo

O domingo pasado relatei de memoria o menú que tivemos na XI Xantanza en Casa Marcelo. Tal coma me imaxinaba a miña memoria fallou bastante. 

Antes de nada, non me din conta para nada (non son tan listo coma eu creo) que o prato de foie era en parte crema de foie (entendo que fresco) e en parte un mi-cuit (cociñado a baixa temperatura). 

Pero bueno, a peor cousa é que me deixei fora 2 pratos do menú (se xa vos parecía amplio o menú, agora veredes que o era ainda máis):

  • A empanadilla de morcilla con caldo de fabada: era unha empanadilla pero de querencias asiáticas (emparentada cos dim-sums cantoneses). Unha maneira moi orixinal de presentar os sabores típicos da fabada, sen que fabada fose.
  • A pannacotta (nata cocida) con trufa ó xeito de La Tasquita de Enfrente. (Imaxino que esta Tasquita de Enfrente


Empanadilla de morcilla, foto de Pantagruel Supongo

Antes de me despedir destacar que os viños estiveron moi á altura de esta fantastica comida que prepararon Marcelo e o seu equipo:

  • Tricó - un Rias Baixas que acompañou a gran parte da nosa comida (dende os entrantes ata os pescados)
  • Alan de Val - un tinto de Valdeorras que apareceu ó tempo que apareceron os pratos con sabores máis fortes
  • Jorge Ordoñez Nº2 - un viño moscatel malagueño que resaltou ainda máis (se cabe) os postres

No hay comentarios: