Eu estaba na porta do salón esperando permiso para ofrecerlle á Súa Señoría un vasiño de VIÑO GETAFE con BISCOITOS RIZADOS
Escollín esta breve cita de Álvaro Cunqueiro, porque me chamou a atención a cuestión que se fale do Viño Getafe coma un viño moi selecto (o que se lle ofrecía á Señoría, nin máis nin menos). Hoxendía, en Getafe (se ben está dentro da DO de Vinos de Madrid), parece que xa non se fai viño.
Todo esto ben a conto para falar do restaurante Don Chiringo. Estes próximos días hai dúas razóns para ir a Don Chiringo:
- A oportunidade (se cadra irrepetible) de probar o menú que prepararon especialmente polo 100 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro.
- Que en pouco tempo (sinto non poder ser máis específico) van a facer remodelacións, así que hai que aproveitar para ir antes de que comencen as obras.
Ensalada de Xurelo en Escabeche Morno
"Boliñas" de lacón cubertas de cogumelos picados con mermelada de brevas e salsa teriyaki
Xeado de Requeixo con fondo de mel
O menú está fantástico, e destacaría por moi orixinal (non só na presentación) as boliñas de lacón (e non só o lacón, gustoume moito o doce de brevas).
E ademáis de moi bóa comida, tivemos moi bóa compañía. Aproveitamos para facer unha mini reunión de xente que estamos escribindo blogs de cociña de Vigo e de por aquí cerca. Foi moi entretida a conversación, tanto que nos pasou o tempo voando e cando nos demos conta era tardísimo ...
E tamén recomendo que (se non os coñecedes xa, que seguro que sí) que sigades os seus blogs, que teñen moitas recetas e suxerecias ben interesantes:
Cocina sin Complicaciones
Aprendiz de Chef
Travi en la Cocina
Guisandome la Vida
La Cocina de mi Abuelo
Ah, los datos de Don Chiringo:
Calle Luis Taboada 9
Vigo
986228705
1 comentario:
Moi suxerente todo, noraboa unha vez máis!
Un saúdo dende terras Cunqueirianas
Publicar un comentario