domingo, 17 de marzo de 2013

Restaurante Ponte Seca (Valença do Minho)

Vouvos recomendar un restaurante, e non me mareedes. Vos decides se si ou se non. Eu cóntovos coma foi e xa está.

Media Galicia coñece un bó restaurante de referencia na raia. En todos hai un parking cheo de coches ca matrícula do E azul. Grandes mesas para grupos, ou para uns cantos amigos, ou para catro, ou para unha familia. Traballan, ben, rápido e fan a comida bóa e rica. Podedes saber de calqueira de eles a traverso dun amigo, ou buscar en Internet (hai xa referencias dos sitios máis famosos en Internet).

Eu vou a recomendar outro,  un pouco todo o contrario:

  • Pequeniño
  • Fácil de localizar pero non tanto para aparcar
  • Non apto para grupos grandes (cociña cativa)
  • Cun menú máis ou menos do estilo dos outros
¿Porqué? 
  • Sendo un sitio tan pequeno, tes ese luxazo da comida feita a dealle para ti, lentamente, con tempo, con gusto. 
Unha cociña, unha cociñeira, e moito xeio. Coma na casa.


O outro día vin que os de El País en vez de ir a sacar fotos sacan as fotos do Google Street View. Así que eu tamén. Este é o exterior do restaurante.

Restaurante Ponte Seca, Valença de Minho. (c) Google Street Maps
Está na estrada de Valença a Monçao, ainda dentro de Valença, xusto un pouco despois de pasar a ponte do ferrocarril (de ahí o nome de Ponte Seca). Ou coma mellor pista, está xusto despois do Lidl (caedes agora?). De feito, é bóa idea usar o aparcamento do Lidl e ir andando. O restaurante ten un parking, pero é apenas unha leira con herba e terra, e se cadra manchades os zapatos.

O menú é moi reducido e non moi orixinal. "Bacalhau á moda da casa", e varios pratos de carne. Nada complicado, así como 8 platos de carne, desde churrasco, a bife, alheira y cosas así. Y de entrante, caldo verde. Menú cortiño é o directo.

Eu fun pola media dose (ración para un de bacalhau), que resultou ser frito con cebola e allada, e unhas patacas fritas no momentiño. (11€)



Vamos, nada espectacular, innovador, pero ben feito, con moito xeito. E a cantidade de bacallau abundante (para ser media dose), e case sen espiña!

Todo esto saiume ó final por 17€ ( pan, más un queixo destes que poñen para entreter mentras esperas, media de viño da casa branco - bó - e un auga con gas ). Non especialmente barato, pero bueno.


A todo isto, neste momento os que estivesen lendo esto, pensarán: Non é para tanto! Nen é dos máis baratos, nen teñen variedade, nen é un sitio especialmente chulo para ir....

... pero bueno, tampouco pasa nada. Non todo vai ser de falar de restaurantes de referencia. Neste sitio tratante ben, e sobre todo destaco unha cousiña xa medio perdida, os restaurantes con cociña á vista e na que van preparando as cousas a medida.

Restaurante Ponte Seca (Restaurante Ponte Seca en 11870)
Rúa das Cabanas 6
4390-710 Valença
(Portugal)

No hay comentarios: