Pero coma se dicía antes: "o home propón e Deus dispón". Finalmente tiven líos de vario tipo (traballo e outras cuestións) e finalmente a miña presencia no Vigourmet foi moi breve: apenas estiven o sábado pola tarde. Canto o lamento. De feito, perdín moitas das presentacións dos cociñeiros que eran as cousas que máis desexaba ver.
As vistas que tiñamos dende o Vigourmet |
Encontro de blogueiros gastronómicos |
Entre outras cousas nas que asistín, estiven nunha presentación de licores artesanais de Casa Alongos e de pasteis da confitería Trisquel, ambos de Melide. O cal, estivo moi interesante, porque ainda que non os probamos, falamos dos ricos de Melide.
Ah, e outra cousa interesante foi que descubrín dun Albariño que se fai no Morrazo (parte de Vilaboa): Os Areeiros.
Albariño Os Areeiros, made in Morrazo |
Bueno, pero non quero que quededes sen saber do que pasou en Vigourmet. Por sorte outros compañeiros blogueiros pódenvos contar moito máis:
Oops ... vaia, ainda non hai moitos .... bueno completarei o post conforme os outros asistentens vaian engadindo posts. (Desculpas se algún outro publicárades post, pero levo coma media hora revolvendo a internés e non dou topado máis, xurovos que cando vexa os posts, engadoos)
E ainda que non é específico de Vigourmet, o blog de Rock & Cook fixo unha entrevista a cociñeiros sobre música e cociña, e gustoume moitísimo a idea:
- “La cocina es como un concierto”. Iago Castrillón responde al “Cuestionario Proust” de Rock and Cook
2 comentarios:
Estoy totalmente de acuerdo con tu observación sobre el Encuentro de Bloggers, yo esperaba algo más relacionado con la labor impulsora de temas gastronómicos que podríamos ejercer como blogueros, pero al final siempre ocurre lo mismo... Asistí a otro en Granada que al final terminó con un debate sobre bloggers vs periodistas. En esta ocasión versó más sobre bloggers contra bloggers. En fin. a ver si la próxima. Un besote Xosé Manoel.
O verdadeiro encontro con bloggers para min, foi logo máis informal cando estivemos falando fora do encontro. Quedoume a pena de non ter saludado a máis xente, pero claro a xente tiña que marchar e tal. Para min eso sí que foi positivo. De haber podido estar en máis eventos, estou seguro que houbese coñecido a máis xente.
Un saludazo Mercedes. Fixeches un montón de videos, pero coma están no Facebook non os enlazo (ou sí, bueno, tiña prisa por rematar o post, se cadra o amplio e meto os enlaces dos videos). Se logo os subes ó blog xa meterei os enlaces.
Publicar un comentario