sábado, 27 de abril de 2013

Os ricos de Melide


Tiven a sorte que me convidaran a uns Ricos de Melide. Son un doce (biscoito ou galleta, coma prefirades chamar) que típicos de Melide, e que non se topan en nengún outro lado. Teñen de especial, entre outras cousas que se prepraran usando unha máquina de encher chourizos.

O rico non é un doce de primeiras impresións. Teñen unha forma rara. O primeiro que tomas, pareceche pouca cousa: notalo moi duro, o sabor non é moi intenso. Non, o rico é de darlle tempo: o segundo ou o terceiro, deixate enganchado. É moi, moi goloso. Ten un sabor gustosisimo, pero que non empalaga. Comenzas a comer neles e non paras. Cada vez apetece máis.

Podedes compralos (entre outros sitios) en Melide, na Pastelería Estilo. É unha bóa compra para levar, porque aguantan ben (nun frasco de cristal ou de metal ben pechado) ata un mes.

No hay comentarios: