A ver, coma non creo que sexan moitos os lectores deste blog que vaian a México, e por outro lado os chilangos teñen xa moitos sitios onde ter valoración de restaurantes, isto non vai ser un post de evaluar o restaurante. Máis ben o que quero e compartirvos que vexades coma é a cociña en México. E mira, vou a aproveitar para que teñades unha idea de coma van os prezos dun dos restaurantes tops (se ben non é dos máis caros) de México.
Hai uns meses cando mirara cales eran os restaurantes máis prestixiosos de México aparecía en todas as listas o Merotoro. Pero cando lin que ía de "Cocina Baja California", borreino da lista. Chamademe prexuicioso, pero eu vexo a cociña estilo "Baja" coma unha versión mexicana do estilo "California" que fan nos USA, que se ben merece moito respeto, non é algo que me apetecese especialmente.
Pero bueno, pasou o tempo, e vin nun video ó seu chef Jair Téllez. E cambiou o meu interés. Pareceume unha persoaxe moi interesante. As etiquetas de estilo de cociña non son tan definitoria. O caracter do cociñeiro ás veces é máis importante. Así que no meu regreso ó DF, plantexeime ir a visitar a Merotoro.
Para comenzar o restaurante ten un aquel especial. É un espazo aberto, que aproveita moi ben o benigno clima do DF (a maioría do ano). Informal, sen manteis brancos, pero con clientela moi selecta. Pero non é destes sitios nos que un sintese abrumado por quen podan ser os outros comensais. Todo é moi informal, e non percibín nengunha diferencia de trato.
Unha das características da cociña de Jair Téllez (e da cociña Baja) é que utilizase moito peixe. Isto que en Galicia pódenos parecer moi normal, en México non é tanto. Mexico é moi carnivoro, e a cociña Baja destaca coma contrapunto.
Veña fotos e imaxes dos platiños:
Ceviche de peixe serra (sí, o tiburón) con verduriñas e salsa de chiles. ($155 ~ 8,50€)
Admito que o pedín polo exotismo de comer peixe serra (despois vin en outros restaurantes pratos con peixe serra así que deduzo que en México non é nada exótico). O plato está moi xeitoso, pero non me entusiasmou. A carne do peixe serra non me ten unha textura gustosa, e é bastante insipida.
Centollo morno con crema de colifror e caldo de res ($185 ~ 10€ )
Si, chamano centolo e non txangurro. Ainda que os vascos teñen moito peso na cociña mexicana, chamoume a atención ver que usan o termo galego para referirse ó marisco. Non sei se é realmente centolo e se hai centolo no Pacífico ou no Caribe, pero podo asegurar que é tan bó coma o que teña tomado en Galicia. Sei, sei, que os bos marisqueiros diredes que tomar o centolo desmigado é de nugualláns, pero bueno, aquí é o que había, e por outro lado eu nunca tiven paciencia para chuchar nas patas do centolo. Ademáis, eu nunca gostei desto que se estila tanto en Galicia de tomar o marisco frío. Eu coido que morno é coma sabe.
Iste plato foi o que máis me gustou do restaurante. Chamoume a atención esta combinación de coliflor e marisco. Non sei se en España alguén tivo unha idea parecida, pero é bóa.
Outra cousa máis. Unha das cousas que caracteriza ó señor Téllez é que adoita a combinar no mesmo plato carne e peixe. Aquí este caldiño de res, que eu pensei que sería unha mala idea, íalle moi ben. De todas formas o marisco non tocaba o caldo, era máis ben o aderezo da coliflor.
"Arroz cremoso de calabaza y erizo con pollo crujiente y habanero" ($190 ~ 10,50€)
Non me gustan os arroces cremosos (incluindo os risottos), así que escollín este plato por erro, non reparei no "cremoso". Ademáis, ainda que non se vexa claro nas fotos, as racións dos Merotoro son bastante abundantes, así que xa non tiña moito apetito. Iso sí, non deixei nada. Pero poñolle algúns peros: non lle notei moito sabor de habanero, ¿era no caldo? E non teño moi seguro onde estaba o ourizo. O ourizo normalmente ten un sabor moi salino, pero ... non lle notei nada. Moi psche.
Chilacayota con helado de panal y granos de polen ($105 ~ 5,86€)
O momentazo do menú. A chilacayota é una froita que ten un sabor moi meloso. Non é moi parecido, pero sabedes coma é o dos figos ben maduros? Pois un pouco deste xeito. Así que a combinación da froita, xelado de mel e polen era perfecta. Ademáis, supoño que a torraron porque estaba crocantiña, crocantiña. As outras veces que a teño tomada a froita está blandengue e se ben ten bo sabor, ten unha textura moi desagradable. No Merotoro estaba fantástica.
Café Passmar ($35 ~ 2€)
Xa escrebera outro post sobre unha das mellores cafeterías de México, que non está no Zócalo nen en Polanco, nen nas Lomas, nen Santa Fé, se non no Mercado del Valle. Pois veño de descubrir que tamén prové de café a restaurantes. O café, impresionante.
Pois esto é todo. O resultado queda un 2-2. Gustáronme moitísimo 2, e deixaronme asá outros 2. Non é mal resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario