Pero esperade, unha cousa curiosa:
Esta quesadilla non ten queixo por nengún lado. (Era de flor de calabaza, levaba tamén elote, e algunha que outro vexetal, pero nada de queixo).
E así entrei en contacto cunha das mais grandes polémicas que hai en México co tema do xantar.
¿As quesadillas levan queixo ou non levan queixo?
O choio ten un ha connotación rexional e localista. Parece ser que en case todo México as quesadillas levan sempre queixo, e que en Cidade de México, en cambio fanas sen queixo. Así que a discusión entre coma son ou deixan de ser vai máis alá de gustos, se non que ten connotacións de identidade e localidade.
Eu sonvos de fora, así que para evitar tomar partido nesta discusión limitome a poñervos un par de enlaces.
Un para que vos divirtades:
Outro máis informativo:
E non importa o cales sexan as correctas. Disfruten vostedes das súas quesadillas coma prefiran. A min gustanme máis sen queixo, e as de comal. (As quesadillas fritas son un pouco do xeito dunha empanadilla, eu non vos son moito de fritos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario