jueves, 19 de junio de 2014

¿Onde tomar un 'cocktail' en Vigo? pois no Algalia

O outro día foi un momento de ledicia para min. Descubrin que había en Vigo unha bóa coctelería de nivel. Pero o mellor do sitio, non é o nivel técnico (porque hai xente que sabe facer moi ben cocktails) se non a moita paixón que teñen. 

O Algalia está no casco vello de Vigo, pero un pouco alonxado da xentrificación. Hai que baixar pola Rúa Real, e subir pola Rúa Anguía. Nunha parte tranquiliña do Casco Vello (un pouco máis arriba da Rúa Anguía, esta o Restaurante Lobo de Mar, que tamén está moi recomendable). 

¿Puntos fortes do Algalia?
  • Unha carta moi amplia de cócteles clásicos. E non dubidedes por pedir calqueira coctail famoso que non saia na carta: sábeno facer.
  • Ambiente moi relaxado, nada estirado. Tal vez relaxado de máis. Sodes xoves ou xa estades feitos uns vellos? Aparentades ou sodes? 
  • Uns Scotchs excelentes, se non gustades do cocktail e en cambio sí do ouro escocés.
  • Non teñen 50 tipos de gin-tonics, nen 10: coma ten que ser
Veña, vou defender as miñas alegacións:

Unha creación propia de Algalia: o Mephisto:

Os ingredientes vense na foto de embaixo: Aberlour 10 años (buen whisky), Drambuie, Chartreusse verde e Bitter Creole.  Excelente!



E un clásico cun pequeno toque: o Brandy Alexander

Coma podedes ver, con Cardenal Mendoza. Eu son moi pouco de cócteles con lacteos (ou outro tipo de proteinas: tampouco quero os que levan clara de ovo), pero iste é tan espectacular e sabroso, que quedei abraiado. De feito xa é un favorito meu.


Algalia Coctelería
Rúa Anguía, 3
36202 Vigo

1 comentario:

The Monk Blues Cóctel Bar dijo...

Hola Xose Manuel,

Soy Maig, cofundador del Algalia ( y el que inventó el Mephisto) . Sólo apuntar que desde el 2015 ya no trabajo en el Algalia ( el cual sigue abierto con el mismo ambiente) y he abierto un nuevo local en solitario: el Monk Blues Cóctel Bar, en la calle Urugyay, 28 (podéis ver más en facebook).
Estás invitado a comprobar la ampliación de mis secretas y no tan secretas pasiones. Salud y buenos brindis.