O outro día fun de viaxe por Asturias, e aproveitei para poder coñecer un dos restaurantes máis prestixiosos de Asturias (se non o que máis):
Casa Gerardo.
Casa Gerardo está cerca de Xixón, pero non tanto. De feito sorprendeume descubrir que está realmente nun lugar bastante apartado (eso sí cunha estrada pasando no lado). Pero bueno, isto non importa moito. Imos falar da comida.
Casa Gerardo ofrece, ademáis de á carta, dúas opcións de menú diferentes: un menú degustación largo e outro un pouco máis curto. Eu fun polo máis curto, que logo tiña que coller o coche.
Entrantes e divertimentos do comezo:
|
Margarita de Manzana |
|
Falsa mojama de pollo |
|
oreo cafecao |
|
Bocadillo Crujiente de Queso |
|
Bocadito de cochinillo |
|
Croquetas de compango |
Esto que ven ahora son dous platos anunciados como "El Vermut". Cada un de eles ten un nome:
|
El fino |
|
Aceituna |
Primeiros:
|
Chopa + Nabo (estilo carpaccio) |
|
Sopa de ostras, tuétano, anguila ahumada y quinoa amarga. |
|
Merluza con mandarina. Papada de Iberico. Salsa verde. |
O segundo:
|
El Compango |
|
Las fabes |
Esta parte é moi interesante, porque este plato pedino fora do menú. Apetecíame tomar queixo, e preguntei ó servicio se podía ser posible.
|
| Beso de Rey Silo |
|
|
|
|
| Casius y | Vare |
Postres:
|
frutas, queso fresco y galleta |
|
el famoso arroz con leche de Casa Gerardo |
O mellor de todo o menú:
- A receta de anguía e ostras. Estaba realmente gustosa. Parece que Casa Gerardo está moi centrada na promoción das ostras do Eo. Teñen 5 platos diferentes basados nese producto. Este era unha combinación curiosa: carne (tuetano), marisco (ostra), peixe (anguía) e todo pegaba moi ben
- O plato de merluza. Admito que os platos de merluza están un pouco vistos (ata a presentación, que soe ser un corte fantástico de lomo ca pel á vista, é sempre moi parecida), pero é que se moitos os cociñeiros o fan é porque a merluza é fantástica e combina moi ben. Neste caso levei a sorpresiña que a acompañaban con papada de porco. Peixe e graxa iberica. A salsa verde que acompaña o plato impresionante.
Gustoume bastante tamén:
- O arroz con leite, ainda que .... eu que son moido de arroz con leite con casca de limón, quedei un pouco alá
En cambio vin un pouco meh:
- Todos eses entrantes, algúns trampatojos e outros non. Non sei, nengún me chamou especialmente a atención. Non me houbera importado nadiña saltar directamente ó primeiro plato.
- Tampouco me convenceu o invento do "vermut" en plato.
- O carpaccio de nabo e peixe, era... moi primitivo e moi brutal, pero demasiado primitivo tal vez. Si que sabía a peixe e o nabo era super refrescante e primario, pero ... non memorable
- Ah, e sen que se enfade ninguén... eu non quería comer fabada. O problema é que os dous menús incluen fabada. A fabada, é galactica. Moi bóa, pero eu houbera pereeferido probar outra cousa nova e diferente.
A ver, o restaurante Casa Gerardo é moi prestixioso e ten moi bóas referencias. Así que por iso atrevome a compartir a miña pequena decepción. Eu limitome a comentar dende o meu punto de vista. Por certo, o trato, o servicio, e todo, de nivel espectacular. Pero, algunhas das propostas non ían polo lado que máis me gustan.
O menú corto son 60€. No meu caso paguei máis porque pedin aparte o plato de queixos (gustaronme moitísimo), e as bebidas.
Unha nota. Chamaronme a atención dúas cousas:
- o uso do tuetano: levaba anos sen ver en España (en Francia e en Italia si que o teño visto) platos que incluisen tuetano
- a combinación de peixe con carne (neste caso de ibérico)
O máis interesante é que unhas semanas máis tarde, en outro restaurante volvín a toparme co tuetano e con platos de peixe con carne. Vai ser a tendencia de este ano ou algo así. ¿Que dicides?
No hay comentarios:
Publicar un comentario