miércoles, 9 de julio de 2014

Queixo Cotija

Esta fin de semana descubrín no mercado estes enormes queixos. Tan grandes que os postos que vendían o queixo non tiñan sitio para vender nengún outro queixo máis. Todo se lles iva nos queixos e e o resto estaba cuberto polo queixo raiado e bolsas con queixo xa raiado.


Pode que xa dera con este queixo vendido en paquetiños en abarrotes ou supermercados, pereo non me chamou a atención cando vin o grande que eran estes queixos. O queixo en sí chámase Queso Cotija

Quedei ca curiosidade de saber coma sabía, porque non quería levar 100g dun queixo que probablemente non usase para nada. (Non cociño con queixo en pó). Si notei coma cheiraba, e parecía ser un queixo forte.

Pois vaia casualidade. Hoxe fun cear uns huaraches, e que levaban por riba? Pois queixo cotija. 
 O queixo cotija ten un sabor forte. Curado, con cheiro intenso e sabor un pouco do estilo do Mahón, pero aínda máis forte. Pero sobre todo, é moi salgado. Salgadísimo. En realidade de toparlle algunha semellanza sería un Pecorino maduro. Non e meu favorito (fixen ben en non mercar os 100g) pero é interesante saber que en México tamén traballan o queixo curado. 

No hay comentarios: