Supoño que algún de vos que leades esto coñeceredes México. Coñeceredes a "Riviera Maya", ou o Caribe mexicano. Bueno isto é outra cousa.
Isto é unha praia enorme, e maiormente valdeira.
E nunha esquina da praia hai estas "enramadas" ou "palapas" que monta con catro paus e unhas palmas de cocoteiro. Ahí ofrecen algo de comida, cervexas e refrescos, á xente que vai á praia ...
... pero sobre todo ofrecen protección. Porque nunha praia mexicana do Pacífico non podes estar ó sol máis de 20 minutos. Morres. A arena arde, o sol queima, o calor é intenso. A única maneira de sair vivo do choio é estando debaixo dunha enramada.
E no medio da praia había estes penedos (todo o demáis xa vichedes, era area por kilómetros):
Non sei se se ve de cerca, pero arrimados ós penedos vese un grupo de xente. ¿Que carallo facían?
Pois estaban ahí pegados a unha cruz pescando con rede e tamén vendían tiritas (un tipo de ceviche do que ... ainda non falei do blog) e un tipo abrindo ostras.
Inicialmente nen tiña pensado probar as ostras ... demasiado risco. Andar tomando marisco cru, ahí nun lugar perdido e cun tipo que lavaba as ostras todas no mesmo caldeiro ...
... pero ó rato fun pensando:
- Non son ostras normais das que coñeza, son ostras do Pacífico, e non son exactamente a ostra xaponesa que agora cultivan en Europa
- Son ostras silvestres, nada de cultivadas
Así que non quixen deixar pasar a oportunidade de probar iso, e a ver que tal saía do choio.
Con esta imaxe vese un pouco máis comparado ca miña mau (bueno a foto é un pouco chusqueira, pero que lle imos facer).
A outras sorpresa e que se ben os bichos abrironmos diante miña, cando lles puxen limón (si en México o limón e iso, e non o noso) non se moveron nada. Así que debían estar ben mortas.
E alá foron as 6. Era ben extraño tomar ostras tan grandes e con tanta carne, pero tiñan bó sabor. Non se notaban especialmente iodadas. A carne firme e consistente. Nengún sabor lodoso (estas non son ostras de esteiro, son de mar aberto). Estiveron ben.
Deixo aquí unha imaxe de coma eran as cunchas polo revés, para que vexades que forma rara tiñan. Non eran a ostra redonda galega, nen a alongada e revirichada xaponesa, se non unha cousa medio intermedia.
Por certo, a pesar da miña preocupación inicial e que non lle notase movemento ás ostras antes de tomalas, o certo é que xa pasaron uns cantos días e sigo ben e sano. Cero problemas. Así que mereceu a pena tomar o risco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario