domingo, 13 de octubre de 2019

De mi rancho a tu cocina: un canal de Youtube moi interesante

Estes días esta moi de tendencia en México un novo canal de Youtube que fai unha señora de Michoacán sobre cociña: 

Doña Ángela, una señora de Michoacán, creó su canal de cocina en YouTube hace un mes, no usa efectos o trucos, no invita a celebridades o habla sobre tendencias, ella se dedica a compartir las mejores recetas de los platillos más icónicos de la cocina mexicana, utilizando las mismas recetas que ha usado toda su vida y que aprendió de su mamá y abuela, y ya ha acumulado más de 8 millones de visitas a sus videos.

 
En realidade, se buscades no Youtube, toparedes bastantes cociñeiras mexicanas cociñando no seu pobo así que non é a primeira, nen é a única... pero si é certo que ven sendo a que máis forza colleu en estos días. 
 
Aproveito a recomendación do canal de Youtube, para deixarvos algunha receita interesante.  

Moitas veces vemos díficil reproducir en Galicia receitas mexicanas porque non temos os ingredientes necesarios. Pero hai receitas coma o arroz vermello que non teñen casi problema, porque os ingredientes témolos aquí. 


Algún dira, que vaia plato tan pouco orixinal ... pero si teño que dicir que o arroz vermello é un clasicazo mexicano. E é moi auténtico porque excepto o arroz, os outros ingredientes son de orixe mesoamericana. 

Tamén é moi interesante ver que utiliza un comal tradicional, no que non se cociña con aceite, se non que usa cal. Iste tipo de cociña ten un punto moi actual: non necesita graxa, por tanto é medio light. O problema é que nas casas non hai maneira de usar (e menos en Galicia onde todo o mundo pasou á cociña elecrica) cousas de cerámica. Pero mira, a ver se o futuro pode ser volver ó gas, para poder cociñar en barro. 


Por certo falando do moderna que pode ser a cociña tradicional ... pois mira onde fai un plato 100% vegano: tacos de soia. (Non sei canto habitual é isto en México, porque non teño visto moita soia nos mercados e nunca vin tales tacos, pero mira esta señora faino así no seu pobo, así que así serve).


No hay comentarios: