Eu soupera do Templum polas fotos que poñen de cando en cando no Instagram cas botellas que abriron... e vin que ahí había cousa bóa. Tanto en viños galegos, coma de outras partes da península e do mundo enteiro.
Así que cando
me cadrou un día de andar polo condado de visita, atrasei un pouco o
regreso a casa para probar viños (e facer un pouco de shopping).
Primeiro un par de viños da veciñanza: Terras do Sur (Crecente) branco, e o Deitado (Chan de Vide, As Neves) tinto.
E
xa entrado en ritmo, pois xa pedín unha taboa de queixos e deixei que
me escollese uns viños para acompañar, e escolleu un Txakoli (Peninsula)
e un Oloroso peculiar (Agostado).
Por certo,¡Vaia queixos! Teñen moi bo material, e podeste pegar unha verdadeira homenaxe a queixos. Tamén teñen xamón ibérico e outras opcións para acompañar a bebida. Moi, moi bó picoteo.
Para ir a tomar algo de
tardiña en Salvaterra é un sitio fantástico. Teñen unha oferta de viños
que vai cambiando co tempo, e aconsellanche e suxiren opcións. E non hai
problema se vas con xente que quere cervexa (hai) ou refrescos (hai
tamén). Así que é unha viñoteca tamén para non viñateiros.
Pero
eh, que en realidade Templum é unha tenda. Unha tenda de viños e
productos gourmet. Dos productos gourmet teñen de todo e moi bó.
En
canto a viños, pois está moi interesante porque teñen viños da subzona
do Condado de adegas pequenas que teñen pouca distribución. Eu
aproveitei e merquei todo de Condado: Terras do Sur, Torgo &TAL e
Deitado.
Pero teñen viños de todos lados, de outras partes de
Galicia, de outras partes de España, de Portugal (teñen unha selección
brutal de viños portugueses), de Francia, de Italia.. Así que tedes de
todo.
Información:
Templum Sensibus
R. de Galicia, 5,
36450 Salvaterra de Miño,
Pontevedra
No hay comentarios:
Publicar un comentario