Logo de presentacións (incluída a de D. Francisco, o canciño de 9 meses de Miguel), paliques varios e da chegada de todos os comensales collemos camiño cara a Estación. Un traxecto de acceso entre árbores, que ben poderían ser plátanos, foron o mellor entrante: fresco e bucólico.
A campaíña da Estación deunos a benvida cando o reloxo marcaba vinte para as tres.
Había sobre as mesas, un limiar co menú degustación habitual que lía así:
Ao fondo do corredor principal, como toda indicación que se precie, estaba a sala que nos acollería no noso frugal almorzo. Quedamos embelesados ca harmonía da estancia e da presentación da mesa. Éstas parecían talmente un cadro, non só pola forma xeométrica que era tal, senon pola exposición dos materiais, cores e texturas que nelas se apreciaban. Un mantel luminoso, branco, tinguido de ondas laranxas e penachos verdes, que non eran senon pétalos de rosas e pementos pendurados dun arame como centro de mesa.
Dous enormes ventanais enfrentados filtraban luz no interior e deixaban ver o xardín e vía do tren. As paredes presentaban lenzos, fotos e mesmo parte da espléndida bodega da que, de certo, dispuña A Estación.
Entre a excitación e os flashes tomamos asento e axiña fixo acto de presenza Xoán Crujeiras para darnos a benvida oficial.
Comezamos cunha cata de aceites de oliva virxe cunha acidez e aroma fascinantes, “a mollar” conpan de bola e, para gustos, rocialo cunha fina chuvia de triscantes escamas de sal.
O carpaccio de polo piñeiro era un filme finísimo aderezado co toque ácido da lima e o contraste do ceboliño a mar de curioso. Ao seu carón unha trufa espetada cun pauciño de bambú e preenchida de foie que me pareceu fabulosa, non só de sabor senon tamén de temperatura. Ideal.

Falando do ceboliño, dicir que foi unha constante presente en prácticamente todas as propostas da Xantanza.
A continuación degustamos unhas fresquísimas sardiñas mariñadas , queixo de Arzúa, tomatiño deshidratado e albahaca regado con auga de tomate. Ao meu parecer estaban pouco sustanciosas. Se cadra o tomate era tan intenso que non percibín o sabor do peixiño. Juan Carlos non opinou o mesmo, e qualificounas de xugosas e perfecta fusión co queixo.

Enseguida chegou o atún marinado e asado no forno sobre suave de lima, aguacate e curri. O peixe marcado no seu punto cun lixeiro aroma de curri e o ácedo da lima. Impecable. A presentación: o toro de atún deitado nun leito untuoso (suave de lima, con textura similar a maionesa) e vexetal (entre os que se atopaban brotes do que parecía alfalfa ou berenxena, e follas dunha “leituga oriental”, segundo precisaron os expertos).
Continuamos cun suculento canelón de galiña piñeira con prebe do seu propio asado (un intensísimo...fondo negro???) e aceituna negra. Apenas se percibía un sutil recordo a ave no recheo. A carne de galiña estaba esmigallada e envolta nunha folla de masa dunha suavidade sen igual. Encantoume.¿Vedes os pedaciños de ceboliño e o queixo gratinado por riba? Hummm !!! Pois estaba ainda máis bo do que aparenta.

Velaí ven o rei dos mares, ese que din é a contrapartida no mar do cordeiro na terra. Mero, mexillóns, coprinus comatus e emulsión de escabeche. O mero marcadiño escamábase que era un primor. E pensar que eu nunca lle como a pel ao peixe... desta vez non quedou... ¡nin estas! Os mexillóns non sei se de Vilanova ou Vilagarcía de Arousa pero sabrosos de calquera xeito. E que dicir dos coprinus comatos: tenros en boca e intensos de sabor. Todo un descubrimento para min.
¿Como algo de nome tan sobrio (carne do país á grella) pode ofrecer tantos matices e sensacións? Sabede que hai que pedila ao estilo da casa, isto é, pouco feita e ao punto de sal. Velaí están as areiñas de sal grosa... Os sete sabores do mundo que di miña abuela.
Para que quede constancia gráfica de que, de certo, estabamos nunha Estación de ferrocarril:
Un espontáneo visitante, fóra, ás miñas costas.
A todas estas, non falara dos caldos que acompañaron as viandas:
- Moraimiña apresentounos o novísimo Moraima, un branco delicado, afroitado e de sutís matices non só en boca, pero tamén, e sobretodo en nariz. Os meus parabéns e todos os éxitos, que non dubido lles procurará.
- Pagos del Galir (Rosa Rivero, 2002). Mencía selección… e tan selecto...
Un acerto sen dúbida.
Entramos nas sobremesas. Para empezar dous tragos frescos. Comezando por un groliño de te con leite e limón (creo recordar era te verde) emulsionado nunha suave escuma con aroma e presenza de herbaboa finamente picada.
A seguir unha exótica piña colada servida nunha copa de cóctel de trago curto. Para gustos... Hei de recoñecer que o coco non é santo da miña devoción.
¿Tiña pedaciños de mango ou pareceumo a min? Ese si é un dos meus debezos: o mango, a manga, o mamão...
E para finalizar a quenda de cousas doces: milfollas de chocolate e laranxa con xeado de chocolate. Un finísimo e estraladizo follado cuberto e impregnado con cacao de extraordinaria calidade, salpicado –a conciencia- con areiñas de sal, preenchido cunha untuosa crema de laranxa e pel de limón finamente relada, acompañada de xeado de chocolate cun nevado de caramelo e pedaciños de semente de cacao. De ser iso todo sería un prato insuperable, pero co delicado toque da folla de herbaluisa (non hai aroma igualable á sua fragancia “alimoada”) acada unha categoría digna de Deuses. Un 10.

Durante os cafés –eu diría que de pota, e moi bo- servíronse unhas caixiñas de cartón, alongadas e co logotipo de A Estación (un peixiño) que contiñan duas trufas e outras tantas “mini-oreos”. Todo artesanal e un detalle de excepción.
Señores, isto foi todo o que deu de si a III Xantanza vista desde a miña óptica de primeiriza e profana nestes menesteres. Unha fermosa experiencia sensorial que con gusto repetiría... e espero recuncar na IV.
4 comentarios:
E eu espero que repitades (iso si, xunto con Xosé Manoel, que o botei en falta desta volta). Estupenda crónica.
Por certo, a "leituga oriental" chámase Mizuna.
Saúdos.
¿Campari Rosso? Pena de non ter estado por ahí, porque monseiur darialle ó vermut. (¿Non sería Bitter?).
Moi interesante e detallado o relato que fas da comida.
Vexo que case todos quedachedes encantados da trufa de foie. Ainda que teño unha certa tirria ó foie, vou ter que admitir que neste caso si que veu a conto. En canto ó carpaccio, curioso, curioso. A carne de polo do mercado non ten moito sabor. A da casa sí. Teño a dúbida de que tal estaba de sabor a carne.
Pena que non che pareceran perfectas as sardiñas. Así en nome e en foto, pareciame o meu plato favorito. Pero bueno, tamén estaría pensando no atún. O do canelon de galiña, parece tamén unha idea interesante.
Coma tamén parece perfecto o mero. Ademáis, encantame que te unas ó clube dos que comen a pel ó pescado. Teñolle unha tirria a quenes lla apartan...
Xa me tardaba esta crónica, noraboa... ;-), vouna ligar no meu post.
xmanoel estou contigo no de comer pelexos..., de feito teño pendente escribir algo sobre iso dende a II Xantanza. Supoño que seguirá esperando...
Eu tamén botei moito en falta asistir. Tanto da vosa presencia, coma na posibilidade de probar as delicias de Crujeiras.
Publicar un comentario