martes, 28 de mayo de 2013

Na estrada (pero non en A Estrada): Restaurante Buján Carbia en Cuntis

Hai unha maxia especial nas estradas secundarias (que é coma se chaman hoxendía ás Nacionales, cando antes eran as principales, pero xa todo o mundo viaxa de Autopista e Autovía). Por exemplo, podes topar algún dos restuarantes máis xeitosos que hai á beira da estrada.

Eu teño pasado moitas veces por Arcos, en Cuntis, ben sexa porque vou cara A Estrada, ben sexa porque vou a Santiago (cando vou a Santiago de Compostela por gusto ou de turismo, non teño prisa así que vou pola nacional, e gostame moito coller este camiño e pasar por Bea). E teño parado unhas cantas veces no Bujan Carbia a tomar un café ou comprar tabaco.



Todas as veces que parei miraba para a carta de precios e o aspecto do restaurante, e dicíame "aquí tense que comer ben". Onte pasei e topeime alí parados coma 6 camións. Entre a miña intuición inicial e a coincidendia de tanto camioneiro tiña que ser bó.

Parei e tomei un menú do día. Quedei moi contento. O comezo foi espectacular, merece a pena voltar só por elo: empanada de berberechos en pan de millo. Esa empanada que todo o mundo mitifica e desexa tomar. Pois aquí temola. (Nota, esta empanada é diferente que a que moitas veces sirvese en lugares típicos da cosa, ten a masa moita máis feita, non é unha cousa sen moito amasado: a min lembrame a da miña abóa, que facía deste xeito.... +100). Logo arroz con luras (arroz moi feito, para os puristas do arroz) e de postre un flan de ovo da casa (con esde detalle que boto de menos nos flans industriais: aroma da pel dun limón, hummm).


Todo este menú, auga, pan e café: 8€. Moi bó menú, moi bó prezo, moi bó trato. Recomendabilisimo.

Tamén ofreceronme aparte do menú do día, marisco. Co que ten toda a pinta que é un de estes restaurantes discretos e insospeitados que forece unhas mariscadas de medo a xente que sabe do sitio (amantes do marisco, informense de este punto).

Bujan Carbia  (http://11870.com/pro/bujan-carbia)
+34 986 54 81 00
Estrada Nacional 640 - Anllada
36677 Cuntis,
Pontevedra, España

1 comentario:

Jorge Guitián dijo...

Boa pinta.
Anotado!