Aviso, para os que gosten moito do peixe azul. O novo restaurante de Toñi Vicente ofrece no seu menú primaveira, todo peixe azul menos o postre. Para os que sexades de rape e rodaballo, pois non.
(O que esto escrebe é un enamorado do peixe azul, sobre todo o peixe pequeno, así que cando vin que tiñan un menú con sardiña, xurel e rincha, non tiven dúbida).
O menú consiste nunha empanada de xoubas (espectacular, Toñi sempre tivo moita man neste prato), unhas sardiñas afumadas con ajoblanco e tomate (a sardiña e o ajoblanco boísimos), a rincha con escabeche e unha escadivada (a rincha bóa, o detalle do pepino ese de adorno é moi chulo). En cambio o atún xa non me entusiasmou. Para rematar un xelado de vainilla, con figos ó viño (tremendo!).
Pois nada, coido que está ben de precio (24€), bebidas non incluidas. Recomendable, sobre todo pola posibilidade de ter un menú todo de peixe, e só de peixe azul.
2 comentarios:
Ese xeado con figos está de morte. Non sabía que Toñi voltara a abrir.
Non sei se fixo moito ruido ou non, pero hai meses retornou a Vigo e abriu onde estaba o Puesto Piloto.
Sigue un pouco cun choio parecido ó que tiña en Laurel, pero coma esta traballando cos de Asador Soriano, inclue máis platos de asador. Eu coma digo, non explorei demasiado o menú, en canto vin que había xoubas + sardiña + atún fun directo ó menú Primaveira.
Sospeitaba que este postre era un clásico. Pero non llo coñecía. Foi a miña primeira vez.
(Tampouco podo comparar coma é actualmente Toñi Vicente coma era nos vellos tempos, por se alguén pregunta, porque eu só a coñezo dos últimos 2 anos, non podo facer comparacións)
Publicar un comentario