Pois sí, probamos francesinha, neste caso en Matosinhos, nun lugar chamado Café Requinte. Xa tiña escoitado falar do sitio de outras veces, pero coma nunca coincidira de pasar por Matosinhos ... desta vez xa está visitada e probada:
A francesinha do Requinte é bastante peculiar:
- O máis obvio é que a forma non é a habitual: en vez de estar feita con pan de molde cuadrado está feito co pan este que ten forma dun cadrado e un semicirculo
- É máis grande ca de outros sitios (o prezo é bastante parecido), ven sendo coma un 150% do tamaño dunha normal
- No interior non se lle ve a linguiça ou o frankfurt. (Si que ten linguiça, pero fan algo curioso, sacana da tripa e fan con ela unha lámina fina)
Valoración:
- Patacas moi bóas
- Salsa excelente (sabe moito a tomate e non é moi graxa)
- Compango, bó, pero non dos millores
No hay comentarios:
Publicar un comentario