Mercado de Taxco: Jitomates e Tomates
A primeira idea é bastante obvia: aquí en México son un pouco fastidiados e queren cambiarlle o nome ás cousas, e gústalles tomar tomates verdes. Pero non, nen unha cousa nen outra.
O do nome é culpa máis ben dos españoles. Os pobos que vivían en México cultivaban dúas plantas diferentes, pero con fruto algo parecido. Unha era o tomate e outra era o jitomate. Os españoles levaron a Europa o jitomate, pero supoño que por simplificar dixeron que se chamaba tomate. E de ahí en diante, todo o mundo quedou co nome.
Algún dira... 'pois o choio da dereita parece un tomate verde, que vai ser difierente'. Si, a verdade parece moito, pero hai que miralo por dentro, e sobre todo (isto comentáronme os vendedores do mercado, a planta é bastante diferente).
Coma se pode ver nas fotos, se ben por fora pode ter semellanza cun tomate, o interior xa é cousa distinta (mirade que sementes). Pero sobre todo, o parecido ven, porque non se ve coma é o fruto na planta. Mirade a foto de ambaixo. Así saen os tomates. Rodeados por esa folla.
Ah, vendo esa folla, daredesvos conta rápido que o tomate é un pariente do alquequenje!
Veña mirade os parecidos.
Mesma cobertura exterior, mesmo tipo de sementes.....
Pero voltando ó tema original.... o tomate é unha hortaliza imprescindible en México. Tópala en case todas as tendas xunto co jitomate (o que nós chamamos tomate).
O curioso do caso é que non é moi versatil. Principalmente comprase para una cousa que ven sendo a mesma: preparar a salsa verde (sí, esa salsa que hai nos restaurantes mexicanos) e para facer caldillos.
- Receta para facer salsa verde en casa
- Receta para facer caldillo verde en casa (e o plato principal)
Ista é a salsa verde para acompañar a comida:
E iste é a salsa verde acompañando carne. Neste caso costilla de porco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario