sábado, 19 de octubre de 2013

Outono e setas no Maruja Limón

Moi bóas a todos, en Laconada somos lexendarios porque sempre publicamos todo tardísimo. Por unha vez, e sen que serva de precedente, imos a comentar sobre un menú, xusto no seu momento!

Estas proximas semanas, aproveitando que estamos en outo, no restaurante Maruja Limón están a ofrecer un menú especial de outono basado en setas.

O outro día coincidiume de pasar por alí, e aproveitei e saquei unhas cantas fotos, porque a comida entra moito polos ollos. Botade unha ollada por se vos apetece. Na web (bueno no Facebook) do restaurante tedes máis información. Sae a 33€ por persoa, pareceme un precio moi correcto.

Os meus favoritos serían o prato do ovo con Boletus Edulis e o postre, que ten de sorpresa que está feito con setas (coido que son cantarellus), non só as que vedes por riba, se non tamén a crema. E no plato de pulpo con níscalos... que están moi ben, destaco sobre todo o caldo de cebola, que está impresionante.

Capuchino de hongos.

Cantharellus cibarius en empanada abierta de pan de millo a modo pizza.


Boletus edulis con huevo frito de otra manera y bechamel ligera de trufa blanca.



Níscalos salteados y pulpo con caldo de cebolla pochada.


Falso arroz meloso de trompeta de los muertos.


Otoño en un postre.



A todo isto, esta ven sendo a miña primeira visita ó Maruja Limón. Sei que sonará extraño vivindo eu en Vigo e estando o restaurante na cidade, pero fun víctima de esto que pasa moitas veces: o que está moi a man, pois un non ten prisa para visitalo. Total en calqueira momento podo ir. E vas deixando a cousa así e asá, e o feito é que coido que xa pasaron 10 anos e non tiven ocasión.

Pero sabes, estas cousas que non aprecias cando estas ó lado, na distancia comezas a valorar. Esta visita fragouse hai unhas semanas, xusto cando estaba en México. Un día estaba comendo ahí, e pensei: 'vaia, estou visitando aquí restaurantes en México e casi coñezo máis sitios aquí que en Vigo, cando volte vou tentar visitar algún dos clásicos da cidade'. Pois tal que así, un día inclemente no que non apetecía facer moito por ahí fora, pois que mellor que aproveitar a ir a coñecer o Maruja Limón.

O menú que vedes ahí arriba, máis 3 copas de viño, un auga, e un café (non deixedes de pedir o Café, pois ven acompañado cuns dulces de chocolate que meten medo) a menos de 50€.  

No hay comentarios: