viernes, 3 de enero de 2014

Restaurante Da-Vid (Vigo)

Supoño que xa moitos saberedes da existencia do restaurante Da-Vid, ainda que non teñades ido. Este verán puxeron uns cantos carteles na estrada cara Samil e Coruxo, así que coido que o nome sonaravos. E non, non é un restaurante novo. Leva aberto xa bastante máis dun ano.

De feito eu tiña pendiente dende fai moito, moito, moito tempo ir a visitalo. Pero nunca tiven ocasión, e cando tiña ocasión non era bóa hora para xantar. Finalmente, este verán tiven ocasión de ir un mediodía e poder tomar o seu moi recomendable menú do día.

O menú do día costa 12,90€ e tes 3 opcións de primeiro, e 3 opcións de segundo. E postre.


A ver, xa sei que é un menú do día. Pero bueno, eu son da opinión que co menú do día podes saber moi ben coma é un restaurante. 

Convenceronme moitísimo estas croquetiñas de espinacas. Eu non son gran cousa das croquetas, pero estas me pareceron moi destacables: en vez de estar feitas de bechamel tiñan dentro espinacas. Ideón.

Tampouco tiven queixa do segundo plato. Bonito fresco? Non é algo que teña visto habitualmente en platos do menú do día. Demostra que se preocupan polo cliente.

Así que en resumo, pareceume un sitio que teñen moi bó xeito para a cociña, que se preocupan de facer ben a comida e que cuidan que o producto sexa axeitado.

Recomendable? Sí. Eu de feito teño pendiente ir a cear. Ainda non conseguín facer tempo para ir, pero teño ganas.

Restaurante daVid
http://www.da-vid.es/
https://twitter.com/DaVID_Urzaiz_72


No hay comentarios: