viernes, 17 de enero de 2014

Super Jugos Curativos!

Os Mexicanos teñen uns cantos hábitos alimenticios pouco saludables (poñenlle queixo a todo, comen demasiada carne, toman moito dulce - seguramente por iso teñen unhas tasas de diabetis enormes), pero tamén teñen hábitos moito máis saludables ca nos.

Un de eles é a súa afición por tomar fruta de snack e coma non por comezar o día tomando jugos e licuados. Se estivechedes por México DF teredes visto unha chea de estes kioskos de chapa (hai un cada dous cruces).


Este de aquí enbaixo (xa sei que a foto é de noite) é o que frecuento eu todas as mañás a encargar un jugo. Ten un nome ben divertido: Super Jugos Curativos. Bueno, hai máis no DF con este nome.


 En principio todos eles son parecidos a este. Hai fruta, hai leite, e tamén hai cereais (avena e alfalfa). Porque ademáis de jugos e licuados de fruta, tamén se fan combinados que tamén levan leite, cereales e mel e outras cousas. Así nun vaso podes ter un almorzo bastante completo.
 Eu non son de mezclar fruta con leite e cereales eu limitome a liquados de fruta con jugo de laranxa. Normalmente tomo o Antigripal (Piña, Guaiaba, Fresa, Mel e Laranxa). Non polas suas propiedades antigripais se non porque gústanme moito os ingredientes. (Nota, cada tenderete ten a súa receta diferente do Antigripal, esta que dixen é a do sitio onde vou normalmente). Un día tamén pedín unha combinación curiosa: Betabel (remolacha), fresa e laranxa. (A foto do medio, ese ben vermello). E en algunha outra ocasión pido o Princesa (non porque sexa eu unha princesa, se non porque leva Guaiaba): Piña, Guaiaba, Fresa e Mel.
Coido que neste momento xa deberíades ter claro que: encantame a Guaiaba e encantame o Mel. Estou encantado que en México usen tanto o mel. Aquí en España, xa case só se pode tomar mel na casa.

No hay comentarios: