viernes, 7 de febrero de 2014

Restaurante Migalhas (Porto)

Eu cando viaxo tento prepara un pouco as alternativas gastronómicas. Non é que non confíe na miña intuición, pero despois de moitos anos teño a experiencia que os restaurantes interesantes están desperdigados na cidade, e non sempre das con eles, hai que buscalos.

Desta vez mirara uns cantos sitios en Porto, desde restaurantes tradicionais ata cousas máis modernas e elegantes. O curioso do caso, e que cando cheguei a Porto, non seguín para nada nengún plan. Paseei pola cidade, e estiven diante de moitos restaurantes que tiña na lista (algúns, bastantes estaban pechados ese día - era domingo, outros sí estaban abertos, pero non me apeteceu no momento). Ó final escapei un pouco dos sitios coñecidos e tirei para Trinidade. 

Alí, nun caleixón topei unha porta cativa que puña: Migalhas. Non tiña aspecto moi chamativo, máis ca un restaurante parecía cafetería. Pero mirabas dentro e tiña case todas as mesas ocupadas por familias portuguesas. Un restaurante familiar, cociña tradicional, apeteceume.



Mirei que había no menú: media dose de bacalhau con broa a 9€. Bó prezo, pedino.
Pero cando chegou o plato, levei a sorpresa que era un restaurante con bastante estilo, Mirade que ben postiño e que moderno era o bacalhau:


Excelente, pataquiñas pequenas, bó bacalhau, e ainda que non o vexades nesta foto, unhas verduriñas, unhas berzas triscantes.

De postre, unha tradición do Nadal portugués: torradas.


Comín moi ben, e saín todo contento. Sobre todo porque bebín media botella de viño blanco, un viño blanco do douro, recomendación da casa. 16€, coma sempre en Portugal teñen prezos moi axustados nesto do viño.

Non son un experto en viños de Douro, así non sei moi ben se escollín ben, pero gustoume. Chistoume ben.


Coma digo, bo prezo, comida moi xeitosa (como podedes ver, moi bóa presentación). Bueno, apuntade o sitio por se vos apetece. Hai mil e un restaurantes en Porto, pero mira, xa sabedes de outro máis.

Restaurante Migalhas
Rua Ricardo Jorge, 9,
4000 Porto, Portugal
Teléfono: +351 22 208 6921

No hay comentarios: