viernes, 29 de julio de 2016

Cociñando todo o do porco ó xeito mexicano: Carnitas

Vai vir ben falar un pouco das carnitas, visto que ás veces hai confusión con outros pratos tipicos de porco da cociña mexicana coma a cochinita pibil (as carnitas non teñen NADA QUE VER ca cochinita pibil). Ademáis, coma en México usan o nome de chicharrón para falar das cortezas ou torreznos, pois ainda confunde máis. Porque de semellar algo as carnitas sería algúns tipos de chicharrón.

As carnitas básicamente son todo tipo de partes do porco cociñadas/guisadas/fritas na súa graxa. A receita é moi popular en case todo o país, pero a fama lévana as da parte de Michoacán, que é un estado do centro/oeste do país.


Hai un par de cousas clásicas nesto de facer as carnitas: coma no polbo á feira, compre ter unha ola de cobre ben grande, e a outra hai que manexala con este remo de madeira.

Logo, o xeito habitual de papar nestas carnitas é facelo en tacos. E á hora de tomar os tacos, o habitual é que o comensal escolla (pida) as partes do porco que máis prefire. Excepto nos sitios que fan as carnitas por facer, onde xa nen preguntan (malo sinal).

Aquí neste enlace tedes a lista perfecta (ilustrada) de todos os diferentes cortes e pezas de carnita que podedes pidir. Hai de todo, dende carne magra ata pelexos, tripas, morro, pata. Coma un bó cocido, poden aparecer todas as pezas de porco imaxinables:



Nos tacos de carnitas, coma en case todos os tacos que levan porco ponse habitualmente cebola e cilantro. E segundo din os expertos, cas carnitas vai salsa verde (pero moita xente ponlle a que quere). 

Unha curiosidade máis, en Guanajuato teñen a tradición non de tomalas en taco, se non en facer unha torta co (moi bó pan da zona). Así, cun pouco de salsa e uns cantos chiles e zenouras escabechadas, queda un dos mellores bocatas de México (porque o pan de Guanajuato é moi bó):
(Neste caso, as carnitas era maioritariamente maziza) 


No hay comentarios: