miércoles, 3 de agosto de 2016

O lobo de Mar (Vigo)

¿Oirades falar do Lobo de Mar? É unha antigo restaurante/tasca mariñeira do Casco Vello de Vigo. Antigamente estaba situado na Praza do Berbés, e hai uns anos moveuse á Rúa Anguía, enriba do Berbés. Se cadra xa o coñecedes pero se cadra non sabíades del porque non é un local tipo de estes da "nova ola do Casco Vello",  porque non abre nas fins de semana (pareceme moi ben, viva o descanso dos cociñeiros). 

Por iso mismo (porque non abre as fins de semana) non tiven ocasión de ir antes. Pero fun e quedei encantado. A cociña é moi bóa, o lugar é moi tranquilo (é moi cativo, apenas 5-6 mesas, e quedou cheo ben rápido ... supoño que se lles pode facer reservas).

Hai una cousa moi fastidiada neste mundo de innovación e fusións, que cando queres comer comida tradicional, ás veces non hai maneira. E é necesario. Xa so por isto merece a pena coñecer o lugar.

Pero non vaiades pensar "bó, outro sitio máis para vellos", porque non, Lobo de Mar é perfecto para vos hipsters do carallo, comida tradicional, pero feita cos detalles que tanto vos impresionan da cociña moderna


Bacallao con garbanzos e xudias (e olivas negras). Un plato frío moi xeitoso para un día de verán (de este verán caluroso que temos en Galicia).

Un clásico sinxelo pero que para min é imprescindible: castañeta á plancha con patacas cocidas (e salsa verde).

E un postre tradicional que curiosamente non é nada facil de tomar en Vigo: requeixo con mel.

Lobo de Mar (Vigo)

No hay comentarios: