jueves, 1 de septiembre de 2016

Unha cousa parecida e outra bastante diferente

Carne Enchilada

Aquí en México hai un sabor que vai parecer moi familiar a moitos galegos. En moitas partes do país, hai unha tradición de facer o que chaman carne enchilada: unha maneira de conservar a carne.  Esta carne preparase metendolle allo, un chisco de sal e un moito de pementón (ou de chile en pó, coma dirían aquí).

¿Adiviñades a que sabe? Pois ahí estades... sabe como a zorza. En serio, sorprendeme que se pareza tanto, porque en xeral os chiles e os picantes son máis intensos aquí, pero o chile que lle poñen á carne enchilada non pica tanto, asemella ó dos chourizos. 








Esta das fotos era carne de vaca, e ainda así sabía moito a zorza. Pero en algunhas partes de México fan a carne enchilada con porco, así que o sabor é exactamente igual ó que coñecemos aquí.


La cecina

Aquí en México é moi popular a cecina. O que pasa é que a cecina en méxico é unha cousa bastante diferente do que coñecemos en España coma cecina. Aquí tratase de carne de vaca, cortada moi, moi finiña e que logo salase un pouco (nesto hai variedade, hai cecinas que son moi saladas e non hai quen as coma) e logo faise ó sol.

O resultado queda parecido a un filete pero bastante curado, como podedes ver pola cor:

Pero ainda non está moi curada (non é coma un xamón), e entón cado a cociñas queda parecida a un filete, ainda que máis consistente e coma dixen cun sabor algo salgado:



No hay comentarios: