A ver, todos coñecedes claramente cales son as dúas primeiras salsas mexicanas por popularidad e ubiquidad: (Van sen orden porque as dúas son máis ou menos igual de populares)
Salsa verde
Salsa roja
A terceira salsa, eu atrévome a dicir que é:
A salsa verde de aguacate (que tamén lle chaman guacamole, pero non é esa pasta na que estades pensando se non algo máis líquido e moito máis picante que é moi habitual en casi todas as taquerías, e faise moito nas casas)
En canto á cuarta salsa podería haber moitas dependendo da zona do país, pero eu vou a promover unha moi interesante:
Salsa de cacahuate (si cacahuate e non cacahuete, porque en México dise así)
Eu sempre tiña asociado o cacahuete á cociña do sudeste asiático ou á africa, porque alí úsano moitísimo, pero coma podesdes comprobar na wikipedia, o cacahuate é mexicano. Así que aquí en México sempre ten estado presente e sirve de moitos usos, dende botana (aperitivo) ata base para moitas recetas. A diferencia de España onde case todo o cacahuete ven xa tostado (e moitas veces salgado), en México tamén se pode comprar ó natural. O cacahuate natural ainda é brando e untoso. De feito pódese ferver e queda semellante a unha fava (é unha leguminosa, en realidade).
Bueno, pois a salsa de cacahuate é ben sinxela de facer, pero non sei que tal quedará se a tentades facer en Europa con cacahuate xa tostado. Todo é probar. Coma vedes usanse chiles secos, así que podedes tentar con guindillas ou caiena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario