Veña imos facer o resumo para os que acabades aquí buscando no Google e non tedes ganas de ler moito (iso sí, aconsellovos que fagades scroll para ver as fotos e facervos unha idea de coma pode ser o menú).
- Moi interesante menú degustación, con bóa materia prima (moito peixe) e moi boa feitura
- Prezo sen ser barato, axustado á calidade
- Trato excelente e moi amable (tamén é certo que tiven sorte que o día que fun non había moita xente así que poideron adicarse a min)
- Ten moito sitio para aparcar (porque está nun lugar un tanto remoto, ainda que a pizzeria do lado ten bastante xente)
Coma peros...
- A carta de viños sen ser mala, é cortiña. Pero seguro que topades viños que vos satisfagan.
- Non sei que tal funcionará con grupos grandes ou cando esté cheo nos fins de semana, porque non teñen moito persoal
Coma sempre, aconsello que chamedes e reservedes.
Non vos asustedes ca entrada que é totalmente de mesón, a sala esta enriba, e coma vedes é dun restaurante:
Arrincamos cun entrante da casa. Percebe, camaronciño, con algas, esparrago. Ainda que ven nunha cuncha de orella de mar, non levaba orella de mar.
Logo viñeron tamén para picotear uns boqueróns con lámina de aceite de oliva. Moi, moi ricas (eu é que son moi de boquerons).
Ostra con cítricos e maracuiá. Tamén moi fresquiño e moi marítimo.
Veña, algo máis tradicional, pero igualmente moi ben feito (e máis sabroso ainda). Un chipirón na súa tinta con salsa romesco.
Ovo cocido a baixa temperatura con crema de guisantes con xamon ibérico.
Salmonete (iste gustoume moito, outro plus).
Porquiño asado con puré de patacas. Quedoulle tremento o porquiño.
Non debería tardar tanto en comentar as visitas ós restaurantes. Lembro moito que este postre (unha crema) tiña sabor de froito tropical e coido que tiña tamén algunha especia, pero non estou seguro. Eu coido que era unha crema de maracuia con azafran. Se estou errado, reclamádeme. Estaba requetebóa.
E finalmente uns petit fours. (Cañonísimos, por certo, ese requeixo con mel estaba boísimo, e o chocolate era intensísimo).
Coma nota final (e fixome moita gracia) o café era café de pota aromatizado con canela. Se tedes ido a México saberedes que esto tamén se fai alá (café con canela: café de olla). Tamén gostei da idea.
Moi interesante todo o menú. Moi boa materia prima, moi ben feito todo, e ademáis un menú variado e con toques exóticos pero tamén moi apegado á cociña tradicional.
Casa Obdulia Telefono: 986 452 630
No hay comentarios:
Publicar un comentario