lunes, 25 de octubre de 2021

De tortillas en Betanzos

O pasado Outubro fomos de visita á famosa cidade de Betanzos ¿a qué? Pois a comer moita tortilla. 

A idea era tamén probar a tortilla en outros lugares fora dos clásicos máis coñecidos da cidade. Este ano, coincidiu que fixeran un concurso en Betanzos e os gañadores foron outros restaurantes... 


Tortilla de ración (pequena) do Bar Galicia en Betanzos.

(Gañadora da mellor tortilla de Betanzos en 2020 e 2021!)


Está moi interesante que no bar fan unha tortilla pequena, co que podes encargala para picotear entre 2 ou 4 persoas e seguir en outro bar.
A tortilla pois é unha tortilla de Betanzos. Pouco feita, sen cebola. A pataca non esta tan miuda coma en outros sitios.
A min gustoume pero a meu amigo non che chistou tanto.


Tortilla de O Noso Lar en Betanzos.

(Segundo lugar da mellor tortilla de Betanzos 2020).

Esta candente o tema da rúa Venela Campo, porque o top 2 de tortillas de este ano estan frente a frente. De feito esta rúa tiña máis xente o sábado (mentras que a tradicional Progreso onde estaban as tortillas famosas de hai anos, xa levaba menos xente).

Neste caso a tortilla é unha tortilla grande, full size. O problema é que nós eramos só 2 persoas e claro, foi moito para nos. Pero se ides en grupo ides quedar moi ben. Chega de sobra para 6.


No hay comentarios: