martes, 11 de noviembre de 2025

Camucha 1963 (o segredo non tan segredo de Teis)

O restaurante medio segredo... que non é tan segredo porque canda menos entre a xente de Vigo xa se está a coñecer ben e cando vas, xa ves que teñen moita clientela, e ademáis unha clientela variada de idade (que eu coido que é unha cousa importante para que un proxecto funcione ben, que a clientela sexa variada). 

 De Camucha eu supera da súa apertura... ou reapertura, porque unha das razóns polas que ten unha data no nome é porque este negocio xa existía antigamente, ainda que antes era máis bar e agora é máis restaurante (o mundo cambiou). Pois supera do sitio porque vira fotos en Instagram dos seus pratos e tiña bóa pinta. 

E logo nesto das cousas curiosas, un día de inverno estaba en Madrid tomando un viño e coincidiu que entablei conversa cos rapaces que estaban na mesa da miña beira, e contaranme que pasaran o verán en Teis (sitio curioso para pasar o verán, pero que si que ten que estar ben) e xusto o Camucha estaba ó lado, e cando descubriron a súa cociña foron múltiples veces. 

E entre o que ves no Instagram e o que che conta a xente, pois alá imos. E probei a súa cociña e disfrutei moito e teño xa enormes ganas de regresar. 


 Pois para beber, ainda que o meu plan era ir a comer peixe e máis peixe, pois tiña en mente a gamberrada de tomar un viño tinto. E nisto, propuxéronme este Monastrell (et al.) de Jumilla. Si, un viño super mediterraneo, pero bóa suxerencia porque ainda pola súa orixe é un viño bastante fluido e non se lle notan eses 14º. E ademáis ten un prezo ben axeitado. 

Antes de comezar poñen para ir abrindo o apetito a manteiga aromatiozada que preparan eles (a manteiga xa ven feite, pero son eles quenes a aromatizan). O que tardei tanto en publicar o post que xa esquecín de que sabor era. Excelente.  

De entrantes pois unha das súas empanadas. Neste día tiñan empanada de congrio.Tremenda, ademáis moi orixinal porque xa cansa un pouco tanta zamburiña, esto do congrio non se toma tanto. 

E despois pois probei as ameixas á mariñeira que teñen. 

De postre, pois de todas as cousas que tiñan quedei ca torrija con xeado. Tenriña e sabrosa, e así quentiña facía excelente contraste co xeado. 

Vamos, o dito, un lugar excelente e levo xa meses desexando regresar (no verán andaba a outras cousas e agora no outono tamén tiven moita viaxe, pero unha semana destas vou seguro seguro). 


Regresando para probar o "pescado" de Camucha

Deixei escrito que ía voltar e se ben tardei un pouco carafio se regresei. Non vexades que ganas tiña do choio. 


Esto que vedes no prato é un ollomol (besugo) feito á espalda e rematado ó forno, con salsa bilbaina por riba (aceite, allo e guindilla - pero dixeron que lle sacaran as sementes para que non pique).  Ese mesmo día tiñan rodaballo, sargo e escarapote (estes outros eran todos ó forno, o único que fan á espalda ese día era o ollomol. Está moi ben que explican todo o que queiras dos pratos do día. Os peixes e os pratos temporais están nunha pizarra (onde podes ver o peso e o prezo), ainda que non teñas problema, que o camareiro cantache toda a carta e toma tempo, aconsella vendo o numero de persoas que sodes e tal. 


Que vou dicir do ollomol fantástico. Unha maravilla. Só por isto merecia a pena. (As patacas de enbaixo tamén merecen ser destcadas). 


Anteriormente tomei o seu paté de campaña (feito por eles memos), e despois do ollomol pois o flan (tamén tremendo eh). Vamos entrantes 10, sobremesas 10, peixe 10. 



E para acompañar pois un cablis do Loira, da zona de Thruars (famosa polos seus fósiles de ammonites): Attention Chenin Méchant. De Domaine Les Treilles. En canto a viños o Camucha estavos moi moi ben surtido. Teñen unha carta cortiña, pero ... hai un momento no que din... "temos máis". Entón ti lles dis que tipo de viño che gusta e que che apetece, e vanche propoñendo (sempre co prezo por diante, con toda honestidade). 



Camucha no Instagram
 

No hay comentarios: