viernes, 7 de noviembre de 2025

Le Petit Sommelier (Paris - Montparnasse)

Nas miñas visitas a París vou visitar á familia, así que non teño tanto tempo para turisteo. Así que se tal teño un día ou 2 para ir comer fora, e entón teño que decidir un pouco en que plan vou. E a verdade o que tiña claro é que me apetecía algo estilo bistrot clásico (porque é tipiquísimo parisino e porque este tipo de cociña non é algo que se poda tomar por acá). Pero tamén me apetecía ir a un sitio que tivera bós viños. 

E investigando investigando, vexo que pegado á estación de Montparnasse hai un bistrot chamado Le Petit Sommelier. E polo nome xa da que pensar que o tema do viño é importante. E así é.    

Pois resulta que este bistrot está levado por Pierre Vila Palleja, que foi sommelier en varios restaurantes lexendarios en París.  E en algúm momento pillou este negocio, porque pola idade que ten Pierre e polo aspecto de antiguedade que ten o local, non pode ser que o inagurara él. E bueno, agora funciona coma bistrot (service non stop pon fora, que coido que quere dicir que ten a cociña aberta dende o xantar ata a cea). 

O que ten de especial é por cuestións medio obvias, ten unha carta de viños moi premiada ( 🥈 By the Glass List of the Year France 2025, 🥈Best Long List of the Year France 2025, 🥇Special Jury Prize France 2024 da Star Wine List). Que eu nen sabía que había premios para as cartas de viños, nen en que consistía unha carta de viños premiable: vou supoñer que non só é que sexa moi amplia se non que está escollida con algun criterio ou algo así. 

Finalmente no proceso de ir decidindo se vir a este sitio observei que ten unha puntuación bastante baixa en Google e bastantes opinións moi negativas. Un pouco inquedante, pero xa levo tempo caendo en que os negocios cun enfoque moi específico poden ter ese tipo de valoracións: a xente que vai "ó que vai" pois puntuao ben (ou non o puntua, porque total, para qué) e por contra a xente que entrou un pouco sen saber o caro que podería ser, pois quedan super anoxados. 

 Logo ó final exténdome máis falando de coma foi a experiencia, o do ambiente e se quedei contento ou non. Pero primero tento explicar brevemente o que tomei e así se non estades interesados no rollo, pois xa podedes saltar. 

Pois vou comezar co viño. Porque neste caso decidín que era máis sinxelo escoller o viño e logo decidir que pratos ían acompañar. E encanto a viño, pois tiña unha certa curiosidade nos viños do Ródano norte. Que non son uns viños que cheguen moito por España (curiosamente en España parece que todo o mundo flipa polos borgoñas, os viños do Jura, os brancos de loira e logo moito champagne). Así que a miña idea era mirar que había de Côte-Rôtie, Crozes Hermitage e se non daba, pois Saint Joseph. E bueno, así foi, estiven mirando o que había, e finalmente decidinme por un Saint-Joseph do 2021 de Pierre Gonon. (Ainda que tamén costou, tiña ganas de probar un Syrah con tempo de botella, e iste xa tiña 4 anos). 

O viño é unha maravilla, por un lado é intenso e profundo pero ó mesmo tempo é moi sedoso. Unha maravilla. Media botella viu para casa e ó cabo dun par de días o tomamos e ainda esstaba mellor, tardou en abrir (non oxidou moito porque o tiñamos cun Vacuvin, pero parece que si necesitaba un certo tempo). 

 Pois para comer con este viño pois tirei por:

De entrante: pâte en crute que é un clasicazo francés que está a ter unha nova popularidade. Este estaba moi ben, sobre todo a variedade ce recheo que tiña (froitas e sementes ademáis das diferentes carnes). Pero ... hai que dicir que o cortaron moi fino. Podían ter sido máis espléndidos. (Nota, o que quería pedir como entrada era a médula gratinada (Os à Moelle gratiné) pero xa non tiñan.  

  E de principal pois para que concordase co viño que estaba tomando pedín o «Boeuf Bourguignon "Grande Tradition" mariné 24h au vin rouge, oignons et lard». Moi sabroso, mereceu a pena. 

E de postre, pois xa estando en Francia, pois a «Crème brulée». Que estaba ben, pero tampouco para alucinar moito. 

 Xa sei que non sona moi entusiasta pola miña parte pero só estou sendo honesto, en realidade o sitio gustoume bastante e recoméndoo. Así queda en plan breve:

O Petit Sommelier é un bistrot con cociña tradicional e sobre todo moi centrado no viño. Ten unha carta de viños que máis que extensa é selecta e completa. Ben de comida, a prezos moi parisinos (pero non prezos turista), e pedide sin medo que os pratos non son para fartar. Para comer está ben (sobre todo polo do horario amplio) pero realmente ten máis sentido para vir tomar viño. Por copa xa teñen cousa bóa (iso sí, coidado cos prezos) e logo se ides mirando nas páxinas da carta de viños veredes cousas que non son fáciles de conseguir. Do máis interesante é que ten un ambiente auténtico, principalmente de franceses comendo e pimplando, e logo algún que outro estranxeiro entendido que viu polos viños e tal. 

Nota, para que quede claro, todo isto que comentei aquí é para o Le Petit Sommelier Bistrot que está en Av. du Maine.  

Deixo aquí a carta cos prezos, por certo:


 

Porque se non queredes ir en plan de comida e só queredes tomar viños e picotear algo, hai unha vinoteca dos de Le Petit Sommelier na rúa Dagerre

 

 

E ata aquí o máis importante, agora vou contar un pouco o que me pareceu moi especial do sitio, porque o que me gustou moito foi o ambiente autentiquísimo que ten. E para ambiente mellor uns videos:  

Coma vedes ten otodo o bueno e todo o malo de moitos sitios de París.O aspecto exterior non é nada espectácular (co que supoño que máis dun despistado entrará pensando que é unha cafetería ou un sitio máis asequible e levará logo unha foda). E logo o interior pois é basntante antiguo. Que para min ahí está o encanto. Hai moito bistrot parisino que reacondicionou o interior e cambiou as mesas e as sillas e está ok, pero pérdese un pouco o contexto. E logo a maiores coma podedes ver, as mesas están moi xuntas. E ainda que fixeran o esforzo de engadir aislamento acústico, pois o nivel de ruido é bastante apreciable. (Tampouco moi serio porque a xente fala a nivel de conversa normal así que é máis ben un barullo baixo). 
 
E a chulada que ten este sitio é un pouco a xente, porque claro, sentas ahí e de repente daste de conta que todos ó teu redor estan bebendo viño en plan ben. E se albiscas un pouco e das recoñecido as botellas pois ves que hai moito viñazo (careiro). Vamos, xente no mesmo plan ca ti. 
 
Pero a cousa interesante é que se observades non se ve que sexa un sitio estirado nin bota para atrás cas pretensións, nen tapouco un sitio de postureo. Logo claro que sí, os prezos son altos porque estan a ofrecer viños díficiles de conseguir e moi apreciados. Pero agradezo que non fai falla ir de punta en blanco nen ter que entrar nun menú longo para poder pedir os viños. Ah, e logo tamén había moita profesionalidade, os que atenden as mesas son sommeliers formados, e xa só ver como abren as botellas e coma traballan ca carta de viños é unha delicia. 
 
Vamos que me gustou a experiencia. Que non quere dicir que poda voltar, pero mira, o recordo quedarame para sempre.  

No hay comentarios: