domingo, 9 de noviembre de 2025

Lume BBQ: BBQ americana en Camposancos.

Gostanos tanto a boa BBQ que fonos ata a Guarda! E mereceu a pena a viaxe!🤩

Pois coma vedes @lumebbq é un "chiringuito" especializado en barbacoa estilo americana, con mesas ó aire libre que está por Camposancos. (Estivo funcionando todo o verán e según nos dixeron estarán abertos cando se poida ata Outubro).

Coma viñamos de moi lonxe e queríamos probar de todo, pedimoslle fora de carta que nos fixeran un variado con todas as suas carnes (non está en carta eh, non os vaiades a liar agora, pero podedes avisar anticipadamente para saber se é posible).

O brisket é o rei da súa carta. Fano con moitísimo detalle e queda tenro e moi xugoso (brutal, dos mellores que teña probado).
E mira, o outro choio brutal que teñen (e mira que eu non son moi de salchichas) é a salchicha, pero claro o secreto é que leva brisket, porco, queixo e jalapeño. Tremenda.
No top 3 dos meus favoritos está o xarrete afumado. Para voltar!


Logo, coma vedes teñen moita variedad para outros gustos:
Pulled pork, por suposto. Suaviño e feino no afumador (non é coma o cociñado nunha perola), pavo afumado para os healthy (e que seguen querendo afumado), e...
unha moi italiana porchetta.

Nótase que coidan moito dos detalles porque preparan os seus pickles caseiros, e unhas cebolas encurtidas (nesto da carnes BBQ é moi importante tomar encurtidos e ácedos para axudar ca graxa da carne).
E algo que para min é imprescindible cando se vai por BBQ: colesaw.
Coma dixen moi coidadosos en todo, de feito a súa salsa BBQ (tiña que ter traido para casa a pouca que sobrou que era moi bóa) non é unha cousa xenérica de supermercado, e a mostaza tamén é ben especial.

Se gostades da BBQ e non vos queda lexos a Guarda, pois xa sabedes. No seu instagram (@LumeBBQ) avisan de horarios e teñen o menú. O seu menú son bocadillos, buns, hotdogs .... de todas estas carnes que probamos nós. Así que con estas fotos xa vos facedes unha idea de coma é cada unha das cousas, tamén tiñan unha pintaza (coma o compango). 

En inverno o negocio pecha (por razóns obvias). De todas formas este ano estiveron abertos bóa parte de Outubro (fixo bastante bó). Para saber cando están abertos, coma comento é útil o seu Instagram, pero tamén podedes revisar o se Google Maps. Eles mesmos encargan de ir actualizando ó frecuentemente cando están abertos ou non así que é bóa referencia:



No hay comentarios: