martes, 4 de noviembre de 2025

Dandolle ós dixestivos franceses

Despois dunha boa comida, un bó dixestivo.
(Ainda que haberá xente alarmadísima por vernos beber tanto, pero xa estamos descarriados, non temos remedio).

Cada día un dixestivo diferente:


Coma un Calvados 12 anos (hai máis de 20 anos) de Pierre Huet. Que cousa boa o Calvados potente e suave á vez e ainda que xa teñen uns prezos altos, non chegou ó delirio exhorbitante do Cognac. A ver canto tarda e poñerse isto prohibitivo.


E agora engañamos un pouco porque veñen 2 apertivos, que en realidade podense tomar ben de sobremesa polo seu amargor:

E poidemos comparar dous amaros (ainda que en Francia non usan ese termo) da Auvernia. O tradicional e referente que é o Salers, feito con xenciana e outras herbas. E logo está o Suze que é unha versión máis recente e máis comercial de este estilo (ainda que eu acho demasiado doce).

Outro licor que esta moi de moda agora é o de flores de sabugueiro. Hai unha marca moi famosa que sae en todos os cócteles, pero hai outro chamado Madame Sureau (Sureau é sabugueiro en francés) que vai perfecto para tomar con tónica ou soda.

E finalmente e non menos imprescindible en francia, o kirsh que fan en Alsacia. O licor de cereixas non ten nada de doce, é forte coma augardente que é, pero ten eses aromas a froita.

No hay comentarios: