martes, 12 de octubre de 2010

Osushi (Vigo)

O ano pasado Manuel Gago comentara que non había restaurantes ofrecendo sushi en Santiago (agora mesmo xa hai un: La Casa de la Marquesa ofrece Sushi). Facíaseme curioso eso, porque en Vigo hai abundancia de sitios onde comer "sushi". (Decatense que está entre comiñas e en itálica).
Pero á hora de comer sushi (agora xa non vai entre comiñas e itálica) teño claro que o meu favorito é Oh! Sushi. O outro día (xa fai un mes) aproveitamos para facer unha visita ó seu novo restaurante e facer un percorrido polo seu menú degustación.
Ainda que o nome do restaurante o resalte e a pesares do que se poida pensar, ainda que non che goste o sushi, tamén hai cousas para ti. Velaquí unha mostra dos primeiros pratos:
Wanton Frito de LangostinoTataki de bonito
Ensalada 'spiceEnsalada wakame kiuri
Hai tanto un wanton frito con langostino que ofrecen de apertivo coma unha ensalada 'especiada' de atún con aguacate. Veñen logo un tataki de bonito coma unha ensalada de algas (wakame).
De todos estes fantásticos pratos (só fai falla mirar as fotos, entran polos ollos) destaco a ensalada 'especiada' (que non picante, non vaiades pensar que é moi rabuda). Unha aproximación ó atún (cru) moi orixinal.
Pero por suposto hai sushi, moitas  variedades de sushi:
Garam Unagi Roll - Roll de Anguila AhumadaEbi Furay Roll - Roll de Langostino Rebozado
Nigiri de SalmónNigri Vieira y Trufa
Temos de todo un pouco, dende uns nigirisushi, ata uns futomaki. Para tódolos gustos: salmón e langostino rebozado para quen non gostan do peixe crú, anguía afumada para quen gostan dos sabores fortes... E neste caso destaco eu o moi sofisticado sushi de carne de vieira crúa con pequenas esferas de trufa, algo moi, moi especial.
Tamén hai pratos de carne, ainda que no noso caso, cun menú tan largo, a presencia da carne quedou nunhas fantásticas gyozas:

Gyozas
Os postres non baixan un punto o nivel:
Sorbete de SaqueTiramisú con Te Verde
Tanto un sincretismo asiático italiano: un tiramisú con té verde, coma un moi dixestivo (e moi recomendable) sorbete de sake.  Por suposto, no remate, se queremos manter o xeito asiático, ten que ser un té verde:

Té verde

Coido que pouco máis hai que engadir, coido que a comida e tan visual que xa entra polos ollos. Se ben en gustos cada quen ten o seu, e digo que todo sabe tan rico coma aparenta (ou máis ainda) Todos estes pratos, máis unhas cantas cervexas e outras tantas botellas de auga sairon por 35€ por cabeza. Non me parece nada caro tendo en conta a primeirísima calidade de todo o que tomamos.
E se non me creedes, Makeijan cóntavolo ó seu xeito:
Info e demáis:
OSushi (http://www.osushi.es/)


Rúa Montero Ríos, 18,
36202 Vigo

Teléfono: +34 986 29 48 81

Ver Laconada en un mapa más grande

1 comentario:

iago dijo...

Do nome, «Oh! Sushi» hai que comentar que hai unha cadena de tele-sushi en París co mesmo nome e que, o máis gracioso, é que xusto na última estancia que tivemos aló cambiaron os logotipos da mesma a branco sobre negro de maneira que agora mesmo ten un aspecto moi semellante ó de Vigo. Curiosidades.