Pero a determinadas horas do día, digo da noite, e se o lugar parece bastante interesante ... non lle vou dicir que non.
O Vilsito (eu imaxino que o nome ten xoga co termo vil, ou sexa que sería como alguén casi nadiña malvado) ten unha cousa curiosa. Polo día é un taller de reparación de coches, e pola noite transformase nunha taquería.
Nota, andes de que salivedes moito, aviso que os tacos son moi pequeniños (cousa bastante habitual nas taquerías da cidade). De feito usan un tamaño especial de tortilla que chaman tortilla taquera.
En calqueira caso, que ninguén se alporice. Iste tamaño ven sendo o standard dos tacos pastor. E non pensedes que un non se enche... así tomandoos de 3 en tres, e levando moita carne, pois a cousa alimenta.
Ademáis tamén fan tacos ó carbón (ainda que usan gas, a parrilla sí que é con lume, coma se fora carbón). E tamén son moi populares as tortas, ainda que eu fun directamente a tacos.
A idea non era tanto falar dos tacos, que supoño que xa coñecedes todos coma son os tacos, se non describir un pouco do lugar, do ambiente, e de coma funciona unha taquería de noite.
O lugar é mínimo e ben abigarrado. Coma sempre, o trompo do pastor está na rúa. Logo no interior xa teñen planchas e mostradores onde preparar os tacos e as tortas. Cando digo interior e exterior, no caso do Vilsito, a diferencia é mínima. O lugar terá coma moito uns 4 metros de fondo. Case todo está na rúa.
En canto ó ambiente, ten moito público. Eu estiven as 21:00, que non é moi tarde, así que era moi curioso ver a familias vindo a pillar os seus tacos de cea, de rapaces xóvenes collendo forzas para a noite, pais con nenos no colo. Outro elemento clave do Vilsito é que case funciona coma un drive in. Está pegado a unha rúa amplia (Avenida Universidad) e ahí aparecen moitos coches. Hai ata uns 3 "meseros" a achegarse ós coches e coller pedidos.
E o funcionamiento é tremendamente eficiente. Dende que pedín a miña orden ata que tiven os meus tacos (e a miña cervexa) non pasou nen un minuto. Isto si que é fast food.
Outra cousa que quería comentar é que cando viñen a Cidade de México imaxinaba que sería unha cidade na que podes comer 24 horas. E certo é que podes, pero non por todos lados. En xeral os lugares teñen horarios ainda máis reducidos ca en España (a maioría dos lugares que abren ás 10:00 e pechan ás 15:00). Pero para compensar por moitos lugares da cidade hai sitios que non pechan, ou que abren só pola noite (cafés de chinos, taquerías, postos na rúa). Neste caso o Visito non abre 24 horas (pola mañá ten que traballar coma taller), se non ata as 03:00 AM, pero coma xa dixen antes para o horario do restos dos sitios, vai ata tarde. E por outro lado, os capitalinos non andan con horarios tan disipados coma os españoles (erguen ás 5:00-6:00 da mañá, co que se foron centar ás 03:00, pois a verdade é que son uns campeóns).
Para rematar, é curioso comprobar coma na zona do Vilsito tamén están moitas outras taquerías famosas da noite da cidade. Así coma nuns 500m hai unhas cantas. Poderíase pensar que Navarte é a terra prometida dos taqueros:
O sorprendente non é que haxa tantas taquerías, o curioso é que todas as taquerías estan especializadas en dar servicio de tarde-noite. Non sei se é que os viciños de Navarte non cean nunca na casa, ou que Navarte é o lugar de avituallamento nocturno de media cidade de México. Non, a zona non é unha zona de marcha ou de vida noctura. Iso é o máis curioso de todo: de noite hai moitas taquerías, pero só hai taquerías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario