sábado, 28 de diciembre de 2019

Fun probar nos tacos lioneses para que vos non o teñades que facer (ou para que vaiades a morte por eles)

En Francia, esta moi de moda unha fast food que chaman tacos. Pero andade con coidado. Nen son tacos mexicanos, nen sequeira son tacos tex-mex, nen se queria son tacos de estes de kit de supermercado. Non teñen realmente nada que ver con México.

De feito, chamanse tacos pero o nome é individual. Serán: 1 tacos, 2 tacos, 3 tacos. Levan sempre -s. Porqué? Pois porque lles deu así. En realidad e para aclarnos ben e evitar a confusión imos a chamalos tacos lioneses. Porque naceron na cidade de Lión, e logo extenderonse por Francia.

En realidade o choio semella máis un burrito:



Coma vedes, o exterior é un de estes pans planos árabes, de bastante gran tamaño, que está doblado en forma rectangular de maneira que queda pechado completamente coma un sobre. Coma podedes ver grellase por fora (o cal axuda a que quede pechado de maneira bastante hermética).

¿E que vai dentro? Pois...
  • Algún tipo de carne (polo, kebab, hamburguesa)
  • Patacas fritidas (sí, leva patacas fritas dentro, pero sorprendentemente nas bocaterías francesas é habitual que ofrezcan o lote de tacos + ración de patacas, co que ... comes patacas fritas 2 veces unha dentro e outra fora). 
Interrupción: A min personalmente, calqueira fastfood ou bocadillo que leve patacas fritas dentro...fascíname. Así que eu doulle puntiación alta.
  •  Algún tipo de salsa picante ou especiada: harisha, argelina, mayonesa, ketchup, curry, samurai, thai..... (nota para os curiosos do mundo do fast food francófono... estas salsas veñen sendo as mesmas opcións que hai en Francia para acompañar ás frites - ou sexa as patacas fritas - así que non supón nada novo para o ).
Ata aquí, todo medio ben. Ten pinta de ser un invento interesante pero... 
  •  Todo, todo, todo o que hai dentro está impregnado por unha salsa de queixo gruyére, que fai que todo sepa a esa salsa. Non importa a salsa anterior, nen o tipo de carne que escolleras, nen as patacas fritas. Todo sabe a nata con queixo (que é o que é a salsa). 



A si que ... a min non me gustou nada por culpa da salsa. E ademáis como digo ven sendo o elemento máis abundante do tacos.
  • A ver, se vos apaixonan as salsas de nata.... a ver, se gostades da carbonara que leva nata (coma o 90% da xente que coñezo)... Pois estes tacos lioneses poden ser interesantes para vos. Dadelle e contadesme.
  • Pero se pensades que xa está ben a meterlle salsa de nata a todas as cousas (coma min)... pois evitade estes tacos
  • E se queríades o que chaman tacos en todos os demais paises do mundo excepto en Francia (sexan mexicanos, tex-mex ou calqueira outra cousas), pois non pidades isto, porque coma xa expliquei non ten nada que ver con iso.
Ah, a imaxinación dos franceses non ten límites. Vin que tamén ofrecen os seus "tacos" de cousas doces. Neste caso de Kinder Shocko Bons con Nutella. E en lugar de pan árabe, o de fora é crepe:

Meu deus!!

Bueno, se tedes ganas de aforrar a viaxe a Francia, tedes un grill de sandwiches na casa, podedes facelos de maneira bastante sinxela. Aquí vai a receita en video:


No hay comentarios: