miércoles, 12 de abril de 2023

De viños por Pingo Doce


 ¿Que sentido ten escribir sobre o tema dos viños no supermercado portugués Pingo Doce? Pois a verdade non sei moito, pero se cadra vós estivechedes alí e chamouvos a atención coma é o tema dos viños nese super, ou ben estades interesados nos viños portugueses a bó prezo ou sinxelamente ides ó Pingo Doce a mercar café, bacalhau e viño Porto e nunca repararedes nesto outro. 

Pois veña, eu aquí comento e vos xa decides logo. Recomendo 3 viños de 3 rexións de Portugal que non son tan coñecidas coma as típicas Vinho Verde, Douro, Dao, Bairrada, Alentejo...  (iso ó final). 

Cousas que me chamaron a atención do Pingo Doce: 

  • As caixas de cartón. Aquí en España hai moitas caixas de estas de cartón con billa, pero ... non é habitual ver viño de Denominación de Orixe en caixa de cartón. Polo que vin, pola variedade que teñen e polo que leva a xente, ós portugueses lles encanta este formato e deixan o das botellas (garafas) máis ben para viños especiais e tal. 
  • O prezo dos viños... teñen un prezo bastante competitivo. É habitual ter unha burrada de viños por baixo dos 10€, hai unha chea de viños por baixo dos 20€ con moi bóa pinta. Coido que isto é máis ben unha elección (con sentido) dos de Pingo Doce, porque si teño ido a tendas algo máis luxosas de viño portugués e ahí por contra non hai nada por baixo dos 10€ e calqueira cousa sube dos 20€. 
  • As rebaixas. Os viños teñen rebaixas... do 30%, do 50% do 60%. En serio! Iso deixoume tolo. Aquí en España teño visto algún viño rebaixado en algún super, pero nin de lonxe a un 60%. Ademáis non é que tivesen 4 botellas nunha esquina, se non que ás veces tes metade dos viños rebaixados. Cando vin tales rebaixas tiven medo incluso que estiveran estropeados ou que levaran moito tempo na tenda... pero bueno, arrisquei (e adianto que saiu de carafio). 
  • A cantidade de zonas xeográficas que teñen en Portugal. Dame a sensación que a cada pouco teñen máis. Imos buscar un mapa para ilustrar o tema. 


 E agora vai a miña recomendación de viños que topei (e rebaixados no Pingo Doce). Coma non teñen moitas botellas e algunhas de estas adegas non teñen tanta producción, pois a saber se repiten, nen se estarán baratos. Pero se non teñen estes aconsello que miredes as botellas que non son das 3 o 4 DOs grandes, porque nas pequenas hai xoias. 

Por desgracia na foto de enriba veredes que merquei moitos máis viños ... e ises non me gustaron nada. A verdade foi unha aposta ariscada. Tamén cada un de nos ten o seu gusto no viño. De todas formas quedo contento porque de 8 viños que merquei, gostei moido de 3. 


Prova Régia, Arinto, 2021, Bucelas DOC


Non sei se tedes escoitado da uva Arinto e da zona de Bucelas (pegada a Lisboa, pero nas montañas) que é moi pequena e case non fan viño. Pois bueno, é un viño moi cotizado e super complicado de conseguir. Pois eu topei este viño rebaixado a 7€ (de normal era a 14). Ainda a 14€ é moi bó prezo para esta zona. Pero claro eu tiña a dúbida de se estaría a nivel dos outros viños da contorna, e a verdade é que sí, que tiña o carácter, o sabor moi mineral, esa frescura cun final moi elegante. Quedei ben contento. 


Centum Cellas, Reserva 2019, Beira Interior DOC 


Ostras, iste si que estaba rebaixado! O 60%, así que merquei un viño de 20€ a 8€. Ostras, desconfiaba que algo raro tiña que haber. E non había nada raro. Este viño da para calar a un cuñado (ademáis pon "Reserva" así qué entendemos de que vai o choio porque é coma en España). Enche na boca, con corpo, pero tamén suave, sen exceso de amargura,.... moi afrancesado. Beira Interior, que eu non tiña moi localizada está nas montañas, xa pegado á Salamanca/Cáceres. Ten un clima moito máis extremo e dalles un carácter moi especial entre os viños Portugueses (que adoitan a a ter climas máis suaves). 
Ah, coma pasa con moitos viños portugueses... nada de monovarietais. Este viño leva: Trincadeira, Rufete e Jaén (a pesar do nome, todas son típicas e específicas portuguesas). 




Adega de Pegoes. Vinho Branco 2021. Peninsula de Setubal.  

Aquí outro exemplo de viños multivarietais portugueses, sacade a libreta e ide apuntando: Arinto, Vedelho, Chardonnay, Antao Vaz e Fernao Pires. Si, todas esas uvas diferentes. Eu dos viños de Setubal, non sabía moito. Si lembro sempre de ver nas tendas a vender o "Moscatel de Setubal", pero non sabía que había viños de outro estilo. De todas formas observade que istes son "vinhos da península de Setubal", para non confundilos cos da DO. Este é un viños bastante económico (6€), xove, pero que me encatou, con sabores moi frescos, de froita verde (mazá), pero con punch. Quedei encantado. 

Bueno, cando regrese polo Pingo Doce, seguirei investigando, pero de ver algún de estes 3, pois ven para casa.  










sábado, 8 de abril de 2023

¡Volvamos a los 70s! Cuando la fondue era sofisticación.

Pues mirando aquí por casa de mis padres apareció esto ... que es el folleto de un juego de fondue. 

A lo mejor estoy equivocado, pero me da que a finales de los 70s era muy popular el comprarse (o regalar) juegos de fondue. Y al idea era usarlas en las reuniones de casa y que esas veladas fueran todo un éxito. (Por cierto, atención, la primera foto parece que hay unas salchichas ...) 




Fondue Borgoñona



Fondue Suiza


Fonduta Piamontesa

¡Y fondue española! 

sábado, 11 de marzo de 2023

Que ben estivo Entreviños 2023!

 

Xa con ganas de EntreViños 2024!

A feira Entre Viños Muta foi "unha pasada"! 😊

Foi excelente e recomendo moito para que no próximo ano acudades.

Houbo moitas actividades e se ben o doming foi moito de probar viños e falar cos adegueiros, o sábado foi imprescindible porque tivemos unha sesión máis calmada onde poidemos probar viños e aprender moito de profesionais: Luis Paadin, Martiño Santos e Xosé Gontá

Que non todo é probar viños se non entender tamén algo do contexto e coma estan os viños galegos con respecto os de outros lados e que lle fai falla ó sector.

O domingo xa foi o desparrame. A posibilidade de probar viños a eito (uns cataban e escupian pero eu non, así que tiven que ir máis amodo ca outros).

O interesante non foi só catar viños. Alguns dos viños que poidemos probar non están no mercado, ou teñen tan poucas botellas que probablemente nunca os tomaríamos se non. E interesante poder probar experimentos e coñecer cousas que veñen.

Pero o que complementa todo é ter ó colleiteiro/adegueiro e que explique o que fai, non só nos viños se non na viña e na terra. Cantas cousas aprendín!










lunes, 23 de enero de 2023

De viños en Salvatera: Templum Sensibus



Eu soupera do Templum polas fotos que poñen de cando en cando no Instagram cas botellas que abriron... e vin que ahí había cousa bóa. Tanto en viños galegos, coma de outras partes da península e do mundo enteiro.


Así que cando me cadrou un día de andar polo condado de visita, atrasei un pouco o regreso a casa para probar viños (e facer un pouco de shopping).




Primeiro un par de viños da veciñanza: Terras do Sur (Crecente) branco, e o Deitado (Chan de Vide, As Neves) tinto.






E xa entrado en ritmo, pois xa pedín unha taboa de queixos e deixei que me escollese uns viños para acompañar, e escolleu un Txakoli (Peninsula) e un Oloroso peculiar (Agostado).




Por certo,¡Vaia queixos! Teñen moi bo material, e podeste pegar unha verdadeira homenaxe a queixos. Tamén teñen xamón ibérico e outras opcións para acompañar a bebida. Moi, moi bó picoteo. 

Para ir a tomar algo de tardiña en Salvaterra é un sitio fantástico. Teñen unha oferta de viños que vai cambiando co tempo, e aconsellanche e suxiren opcións. E non hai problema se vas con xente que quere cervexa (hai) ou refrescos (hai tamén). Así que é unha viñoteca tamén para non viñateiros.

Pero eh, que en realidade Templum é unha tenda. Unha tenda de viños e productos gourmet. Dos productos gourmet teñen de todo e moi bó.




En canto a viños, pois está moi interesante porque teñen viños da subzona do Condado de adegas pequenas que teñen pouca distribución. Eu aproveitei e merquei todo de Condado: Terras do Sur, Torgo &TAL e Deitado.




Pero teñen viños de todos lados, de outras partes de Galicia, de outras partes de España, de Portugal (teñen unha selección brutal de viños portugueses), de Francia, de Italia.. Así que tedes de todo.


Información:

Templum Sensibus

R. de Galicia, 5, 
36450 Salvaterra de Miño, 
Pontevedra

Instagram: https://www.instagram.com/templumsensibus/

viernes, 30 de diciembre de 2022

En Francia, no Nadal, Ostras


Este Nadal houbo Noitebóa francesa. Aquí somos de marisco e en Francia son de ¡Ostras! 🦪 



Non sei ben como tivemos o certo agasallo de 3 fabuolosas ducías de ostras para 2 personas (o resto ou non lles gustaban ou non podían). Así que deu para dúas ceas. 

Os franceses toman moitas ostras todo o ano por celebracións e no Nadal é casi obligatorio. En isto teñen unha pequena avantaxe con nos do marisco: coma a ostra criase e non é capturada, poden calcular a producción para que os prezos sendo altos non teñan picos. Ademáis as ostras aguantan uns días e non fai falla conxelar. 

Eu non son moi experto no mundo da ostra francesa pero a primeira cousa é que alá case todo é "ostra rizada" (ou xaponesa). Hai... escasas e ben caras ostras planas. Pero en xeral tiran máis pola rizada (como vedes nas fotos). Outra cousa que acho interesante é que en Francia as ostras prefierans criar en estuarios, con mezcla entre auga salada e doce. En Galicia coido que case todas 100% auga salgada.





Na nosa cea tivemos ostras de 2 sitios. 

  • Ostras bretonas de L'Istrec. 
  • Ostras de Artouan en Charenne (aquí categoría normal e categoría especial)

E a historia que as 3 sendo de tamaños equivalentes eran bastante diferentes en aspecto e máis ainda en sabor.
  • As bretonas moito máis mariñas, salgadas, electricas.
  • As normales de Artouan, pois máis leitosas e doces.
  • As especiais de Artouan, ainda máis branqueciñas, doces, gordotas e con sabores a amendoa (que sí!)
Seica as especiais o que teñen de diferencia e que pasan 1 semana máis en auga doce. Ou iso din.

Si que estaban máis grandes as especiais e tiñan un sabor coma máis doce (doce no sentido que azucarado si). 

De todas formas vou dicir unha cousa, se cadra porque asemellan máis ás galegas e estou máis afeito ó sabor, ou se cadra porque gosto máis de este sabor así coma moi iodado, preferín as bretonas. 


Para maridar:
  • Champagne Alexandre Bonnet, que investigando a posteriori vexo que esta xusto na fronteira entre Champagne e Borgoña. Iso só xa é un puntazo.
  • Chateau Tour Leognan, branco de Burdeos, que é o 2º viño do Chateu Carbonnieux. E obviamente non é o nivelazo do seu primeiro viño, que é un viño fantástico para tomar cun marisco fresquiño.

miércoles, 7 de diciembre de 2022

Hostal La Viduda (e o seu excelente restaurante!)

Eu levaba moito tempo con ganas de poder pasar no @hostallaviuda 😋. Que se non vou máis é porque non paso moito por Ourense, e dentro da provincia, Trives (sendo un lugar fantástico para visitar) queda moi  a demán. Así que tiven que facer por pasar. 

Maravilla. Comese moi ben! E encantame a sala amplia e dan moi bo servizo: relaxado pero moi eficiente, e sen caralladas. 


Tiñan menu fin de semana que inclue viño. Pero a carta tamen estaba ben interesante e o menu do día era un regalazo. Pero eu viña de antollo asi que o menu finde. (No Instagram do Hostal informa con antelación cal vai ser o menú da fin de semana). 



- cachucha prensada de aperitivo




- garbanzo (da Finca de Cuervos) con boletus e trufa

- xabarin estofado con pak choi

E de postre, a tarta de callo (de leite). Que rica!



Todo xenial. Gran sabor e moi delicado. 😋 Unha cousa que fai moi especial a visita de Hostal La Viuda é que Anxo traballa con producto da zona. E moitas das verduras estan cultivadas por eles mesmos na súa horta. Vamos, todo Km0 e todo cun carácter moi da Terra de Trives. E logo, que cociña sen medo, e facendo fusión pero buscando intensidade e pratos que van a encaixar moito ca maneira de comer cos galegos.

Restaurante e Hostal La Viuda: https://laviudatrives.es

Instagram de La Viuda: https://www.instagram.com/hostallaviuda

Instagram de Anxo: https://www.instagram.com/anxotrives



Ademáis, coma vedes nas fotos a paisaxe de Trives esta espectacular no outono.






domingo, 27 de noviembre de 2022

Contento ca CrockPot

Tiña pendente de falar da CrockPot:

No meu aniversario regalaronme unha. Eu non tiña claro mercar (evito acumular moitos aparellos), pero agradecín que decidirán por min. Pasaron os meses e teñolle dado bo uso. 

Observade que eu teño o modelo clásico sen automatizacións. Regalaranme o automático pero cambieno polo antigo, porque prefiro usar echufes programables ou ainda millor: cun enchufe intelixente controlado dende o móvil. Practiquísimo prender e apagar dende fora de casa.

Porque o choio da CrockPot é que cociña moi lento, horas e horas. Entón é convinte programar o apagado e o prendido, e por exemplo cociñar pola noite. Non ten peligro de desbordar, e non seca o guiso (non hai risco que queme). Así perfecto para deixar sen vixiar.


Seica é perfecto para guisotes (lentellas ou fabada) pero fun máis de usalo para algo tan sinxelo coma asar unhas patacas doces durante a noite. Máis económico que facelas no forno. E quedand do estilo.


Os libaneses din que o segredo para un bó hummus é cociñar lentamente o garbanzo toda a noite. Na cociña non me atrevo a deixar nada tantas horas, pero na CrockPot, sen problema, deixalo funcionando e non desborda nin pasa nada.

Á rapazada da familia encántalles o "pulled porc", porque é tenro, doce, ácedo e sabe afumado. Variamos un pouco a receita deste video:


4 horas e a carne xa se desfía facilmente cuns tenedores. Coma vedes queda moito caldiño, non seca na ola. E así resultou o choio, a que ten unha pintaza (o dos pementos de Padrón foi para darlle un toque aquí galego).

Tamén serviou para preparar "birria", un guiso mexicano de carne de vaca que serve tanto para facer tacos coma para tomar con caldo coma unha sopa (moi cárnica, carne e caldo e xa).
Aqui tiramos un pouco de istoutra receita: 


E cun eito de pingo/manteiga de porco, podedes facer "carnitas". Hai que usar primeiro unha ola a todo gas para "sellar" fritindo no pingo. Pero logo deixades temperar a manteiga e "confitase" a carne durante 4 horas no CrockPot. Queda pendente de compartir a receita e astucias.


E quedan máis cousas que fixemos, coma cochinita pibil, e outras cousas. Teño que ir compartindo as nosas versións cas receitas con tempos e consellos de que carne e ingredientes usar.