domingo, 17 de noviembre de 2024

Lembrando furanchos de Hío (que xa non abriron no 2024)

Se ben o tema dos furanchos parece que vai a toda máquina por todos lados o certo é que na parroquia de Hío a cousa vai un chisco diferte porque estan pechando furanchos. E bueno, para que quede un pouco de referencia en Internet de alguns dos que xa non existen. Porque, se ben hai unhas cantas guías de furanchos (Guia Furanchín) , non vin moita información destes furanchos. 

Unha cousa, non vou poder dar todos os detalles posibles sobre estes furanchos porque eu non puden ir moitos anos a eles. De feito podo darme por afortunado de ter conseguido coñecelos no 2023. Ainda así, e non sendo eu experto neles, coido que é importante relatalo porque estes 3 furanchos tiñan o seu aquel especial. (E todos os outros furanchos, cada furancho é especial e sempre é unha pena que desaparezcan).  

O furancho de Manolo en Viñó (Xaneiro 2023)

No tema dos furanchos exclusivos, pois o que abría Manolo en Viñó era o máximo: facía tan pouca cantidade de viño, que dura moi pouquíño tempo. De feito, ese ano, abriu o venres pola tarde, subín as fotos ó Instagram e o sábado xa pechou. Nen dous días enteiros durou! 

En aquel ano o viño que tiñan era só branco. O cal pega moito ca tradición de Viñó e da viciña Nerga. Segundo contan nos vellos tempos, toda a beira da praia que ía dende Nerga ata Donón (a praia de Barra e Viño) estaban bordeadas de parras baixas de viño branco. Plantadas na area. Seica tiña avantaxes porque gardaban a calor e maduraba mellor a uva e tamén evitaban os fungos. Así era nos vellos tempos, pero agora estas viñas pegadas á praia xa case non quedan. Ahí en Viñó Manolo e o seu viciño eran dos últimos cultivando.


Pois unha vez que pechou o furancho, xa se perdeu en parte a posibilidade de probar ese viño de area... Ainda que contan que as viñas de Manolo (xunto con outra uva da zona) esta agora sendo usada para elaborar o María Soliña de EntreVideiras. Viño que non probei así que non vos podo comentar moito, pero algún día caerá. 

O furancho A De Susa en Pinténs (Abril 2023)

Outra gran perda para o mundo furancheiro do Morrazo. Aqui podo contar que pasou porque falei co señor encargado. Xa se sentiu maior e non quixo seguir coidando das vides. E non habendo vides, tampouco continúa o furancho. Unha pena porque tiñan un viño xeitoso. Ogallá alguén se lle ofrecese a coidar das viñas e ainda que non haxa furancho, que siga acabando en viño. 

Pois coma xa estaba decidido que este furancho non continuaba, pois esta derradeira vez foi toda unha homenaxe e un evento, no que viu de visita moita xente.

E nós na familia pois sempre lembraremos o Furancho da Susa porque levamos a meu sobriño Lucas a comer e o campeón rillou unha ración de callos enteira, un cuarto de tortilla e logo rematou cunha ración de raxo. E apenas tiña 8 anos! Que ben o pasou. 

 Que claro, o cativo non lle demos viño, pero trouxeramos unha botella de zume de mazá, e os do furancho axudaron para facer a broma de deixarnos unha cunca así que os 3 bebemos pola cunca. E non sei se alarmamos a algún dos furancheiros pensando que estabamos a dar viño ó cativo. 😁

Furancho Norte de Donón (Marzo 2023)

Eu supoño que para os amantes do furancho enxebre, pois iste furancho non lles vale, porque tiña lugar nunha casa que antigamente debeu ser algún tipo de restaurante. Así que a cousa era moi profesional, con barra, mesas e tal. Pero ... iso xa non traballaba coma bar, se non que agora funcionaba como furancho.


Unha das cousas chamativas e especiais de este furancho era que tiñan moito moitos pratos de peixe. Nos pillamos unha panchada de raia frita, luras e tamén puntas de bacallao. Todo moi no punto e fabuloso. En canto ós viños pois preferimos o tinto. 

Pois non sei moi ben que pasou pero no 2024, cando preguntei cando voltaba a abrir este furancho dixeronme que nada de nada, que non ía abrir. Non sei se será definitivo ... pero ... neste memsmo 2024 paseando por Donón observei que unha viña gordísima que había de sempre, estaba arrincada e a parra xa desfeita. Non sei se sería a viña desde furancho, pero tampouco vaiades pensar que hai tantas parras xa en Donón.

Pois mira, para os que tedes ganas de tomar viños de Donón, tedes a sorte que queda un rapaz que sigue traballando nas vides e sigue vendendo o viño. É o rapaz que traballa na Casa das Pedras, que é un pequena taberna que está por onde se sube cara o Facho, alí en Donón mesmo.

domingo, 3 de noviembre de 2024

De Fonsagrada a Santiago: andar ben e xantar tamén

 Pois este outro ano voltamos a repetir meu pai e eu o Camiño de Santiago. Nesta ocasión comezamos en A Fonsagrada (Camiño Primitivo) pero logo desviamos por Friol ata chegar a Sobrado dos Monxes (Camiño do Norte). 


Nisto de facer o camiño somos uns tipos ben raros, porque ... outro ano máis constatamos que os galegos non fan o camiño. En case todos os sitios onde paramos (incluíndo en Santiago) estaban ben sorprendidos que fóramos de aquí e estiveramos facendo o camiño. Bueno, pois non sei, se ledes isto, animádevos que non é unha mala experiencia. E sobre todo, é unha experiencia diferente para cada un. 

Nos sómos tamén ó fin é o cabo uns peregrinos un pouco diferentes, somos de pasar polas aldeas, falar cos veciños, mirar un pouco coma van as colleitas (sempre peregrinamos en outono), parar a xantar menús do día e tomar viños. 

E bueno dúas cousas: 

A variante Lugo-Friol-Sobrado dos Monxes

Pois este ano tomamos o pequeno risco de tomar unha variante dos camiños "non oficial". Meu pai conseguiu información sobre ela online, e a verdade dende o comezo tivemos un pouco medo de perdernos ou que non estivera axeitada. Ademáis a información Turistica de Lugo e os dos Albergues en Lugo recomendaranvos non facela. 

Pois bueno, nos ímos dicir que estivo moito máis facil do que parecía. Esta sinalizada por unhas frechas brancas e verdes, e dende que saes de Lugo pois é bastante sinxela de seguir. A primeira parte vai por un sendeiro polo Rego de Mera (que é bastante grande para ser un Rego). E logo xa é so seguir as frechas. É un dos sendeiros máis xeitoso que teñamos feito nos caminos ... pero cando o fixemos nos houbera choivas fortes e estaba bastante enlamado. En verán debe estar moitísimo máis sinxelo, e en inverno, pois por contra vai estar fastidiado (hai a posibilidade de esquivar a lama tomando por estradas locais, non asustedes de todas formas). 



Sitiños nos que poidemos comer ben! 


O Pan de Iria en A Fonsagrada

En A Fonsagrada ten unha chea de lugares onde comer e bares: o Cantábrico, o De Luis, o Figueiro ou o Caldeira.  Pero ahí estivemos antes de comezar o camiño, porque o noso camiño comezou de mañanciña (antes de que amanecese). 

E xa estaba aberto o Pan de Iria. E sentounos tremendo ese almorzo. E ese croissant que fan ... unha maravilla, crocante e aireado. Excelente pastelería e excelente servizo. 

O Pan de Iria en A Fonsagrada


Bar O Xestoso en A Lastra (Baleira)

Entre A Fonsagrada e O Cadavo o camiño (e a estrada) pasa por A Lastra, e alí nunha curviña está un bar-tenda-taberna chamada O Xestoso. Unha parada inevitable. 

Coma en toda Fonsagrada, cas bebidas poñenche pincho do bo. E Balbina ó mediodía prepara tamén comidas (prato único), que din todos os viciños que son de primeira. 

No noso caso, íamos un pouco apurados porque queríamos acabar a etapa en Castroverde así que lle pedimos se nos preparaba algo para comer, e nos fixo unhas racións de chourizo da casa, salchichón e queixo do país. E poidemos probarlles o viño novo do año (en botella de agua mineral!). 

Excelente comida, e excelente trato. Quedamos ca gana de probarlles o arroz, pero xa será para outra. Eu cando pase pola estrada Lugo-A Fonsagrada, propoño pararlles sempre a visitar (e a mercar o mel e outros productos locales que teñen na tenda!). 

Bar Xestoso en A Lastra.

Pulpería Romeán en Lugo

Pois aquí nen imos dicir se este sitio está ben ou mal, nen vos imos recomendar. Nós só damos gracias por ter conseguido sitio, porque parece ser que todos os Lucenses teñen decidido reservar nesta pulpería. Nos tentamos dúas veces. O sábado non houbo sitio, e quedamos cas ganas. 

E coma ademáis de interesante, está pegado á Porta de San Pedro (cando fas o camiño chegas cas pernas cansas e non queres andar percorrendo a cidade) tentamos o luns (chamando para reservar) e conseguimos sitio! 

E quedamos moi satisfeitos. Unha "ración de pulpo" e unha de "carne ó caldeiro", e unha botella de mencía da Ribeira Sacra e xa quedamos xantados. Cantidade abundante e bó sabor. Xa sei que todo o mundo morre polo polbo, pero destacamos a carne ó caldeiro, moi tenriña e ben sabrosa. 



Taberna do Arcadio por A Retorta (Friol)

Esta taberna salvounos a vida. Porque a etapa Lugo a Friol era bastante longa e tiñamos ganas de parar en algún sitio. E mira, xusto case a metade de camiño vimos que ó lado había esta casa de comidas (recomendada polos viciños de A Retorta). E alá baixamos ata a "general". 

Merecevos ben a pena parar (se ides en coche cara Friol), xa só para coñecer a Arcadio é a súa muller, tomarlles un café ou unha cervexa. Non é un sitio para peregrinos (non teñen nen selo), pero sirven comidas para os que traballan na veciñanza e viaxeiros que pasan pola estrada. 

Ofrecen tres primeiros pratos (nos tomamos caldo de repolo e fabada) e máis e tres segundos (nos tomamos a carne guisada e as troitas). E postre, e café. 

¡¡Mil gracias!! 




Bar Cepo en Mesón (Sobrado)

Antes de chegar a Sobrado vindo polo camiño pasas por Mesón, e no lugar do Cepo hai esta casa de comidas. 

Nós safamos porque xusto chegamos un pouco despois de que comeran os obreros e antes de que chegaran os outros peregrinos (porque non pensáramos que había que reservar, pero sí ten moita demanda). 

Non sei se ofreen un menú máis amplio pero a nos nos trouxeron unhas lentellas (a fartar, deixaron a perola) e logo unhas costelas de porco quisada (riquísimas) con patacas. 

Bar Cepo en Mesón. 


O Café en Boimorto. 

É "O Café" ainda que na porta pon Cafe Bar Luis, agora xa cambiou de nome ainda que non de cartel. 

En Boimorto hai un restaurante (e moi recomendable), pegado á Casa do Concello, pero nos seguiramos andando e cando nos dixeran que tiñamos que desandar, pois non quixemos perder tanto tempo (andando un par de kilómetros ida e volta acaba levandoche moito tempo). 

Pero tivemos sorte porque en O Café, fan uns bocadillos, e vaia bocadillos. Enormes e ben sabrosos. Levo tempo sen tomar un bocadillo tan bó (e o pan é xeitosísimo). 

O Café en Boimorto. 


Estanco Suarez en O Pino. 

Iste estanco tiñao medio fichado porque eu no coche teño feito unhas cantas veces a viaxe Santiago-Curtis no coche e vira que neste estanco había xente fora tomando un café, así que supuxen que tamén era bar. 

E realmente é estanco, bar e tamén tenda de ultramarinos. É un pouco de todo. 

E para a nosa sorpresa (e beneficio) fan bocadillos. Pero ¡¡que bocadillos!! Sorprendeunos que para os bocadillos usan pan de bola e son enormes. Foinos de moito beneficio para descansar un rato da choiva (ese día tivemos moita choiva e frío) e recuperar forzas de cara a Labacolla. 

Estanco Suarez en O Pino.



O Tangueiro en San Lázaro (¿ou San Marcos?)

Pois mira, non estabamos moi seguros que tal ía funcionar o Tangueiro. Pero estabamos durmindo en O Monte do Gozo e case todos os sitios de San Marcos pechaban pola noite, así que era o que quedaba máis perto e que abría. 

E mira, non saiu mal. Fomos directo a por polbo cocido e carne (croca). Cunha ración de cada cousa e unha palomita de viño branco pois xa tivemos para cear. Non nos pareceu caro, e a comida estaba bóa. 


martes, 29 de octubre de 2024

Comendo no Madrid "conceptual".

 
 
Este ano estou viaxando habitualmente por traballo a Madrid e teño que quedar uns días por ahí. As viaxes de traballo que parecen unha cousa moi chula, en realidade son un pouco coñazo. En ocasións incluen ter que quedar a xantar ou a cear con clientes/compañeiros cando se cadra preferías quedar na casa, e en outras ocasións coma me pasa a min, os compañeiros marchan para casa e quedo eu no centro de Madrid tendo que ver que facer esa noite.


E mira entón estaba eu por Madrid en Agosto, eu pensei

"vou aproveitar para pasear por Madrid e ver coma están os barrios onde eu vivín hai 20 anos, e tamén aproveito e vou visitar un pouco os poucos bares e restaurantes de vello que había nos barrios antes de que desaparezan"

E o plan saiume coma o carallo! Porque claro, era Agosto e a maioría dos pequenos negocios de Madrid pois pecharon por vacacións (e fan ben, a súa clientela é a xente do barrio, e en Madrid casi todo o mundo escapara, así que non tiña sentido estar aberto). 

 Así que finalmente e porque non quedaba outra: 

Estiven paseando por Madrid e visitei o que eu clasifico coma "conceptos de negocio". Que xa naceron con intención: ofrecer un tipo de cociña ou algo particular que non había ou que habendo esta de moda, en que a decoración xa se pensa de partida e cousas de esas. E bueno, non era algo que inicialmente tiña eu moitas ganas porque bueno, tampouco é tanto o meu estilo, pero logo teimei: oes, se tan ben funciona isto e está de moda, hai que ver de que van, non? 

 E bueno, se vos parece un pouco esaxerado andar paseando e mirando sitios e non ir ó primeiro que cae cerca ou os que teñen moita xente, pois xa non sigades lendo. Porque Eu si tento ver e coñecer un pouco os lugares. E canda menos mirar que outros negocios hai porque xa me ten pasado mil veces de ir a un e ter un máis interesante ó lado! 

Piri Piri Frango

Pois mira que curioso, levo anos escoitando do Nando's pero nunca me cadrou cair nun. E non fai falla ser un lince para sospeitar que este ven sendo a versión de aca dese concepto. O local botaba por fora un cheirume a carbón co cal prometía. Por sorte dentro non afumabas, estabábase ok. 


Eu non andiven fedellando moito, isto ten que ser sinxelo: medio frango, ca salsa piripiri que pica (si, hai que non pica!), unha batata asada (podía ter pedido as patacas, pero bueno) e unha cervexa. E cumple co prometido. É frango á grella e a salsa esta rica. Esta careiro, pero bueno, canda menos a guarnición vai incrluida no prezo. 

Cumple! E o frango está rico e eu prefiro ó polo frito.

Por certo que coma é de esperar, teñen máis cousas no menú. Teñen "brochetas" para os repunantiños (cando o polo bó e o que leva oso!), unha hamburguesa e uns bowls. A que carallo andamos amigos! Un sitio de frango á grella, é para o que se vai. E logo está isto de que podes pedilo con salsa que non pica... andamos á xogar ou que?

Natas Artesanos

Esta visita a Madrid foi coma moi "portuguesa". E faiseme interesante porque hai uns 10 ou 20 anos, na Espanha non había coma moito interés en facer cociña portuguesa. Todos coñecíamos Portugal porque todos viaxamos alá, pero logo nunca había ninguén tentando ofrecer cociña de alá. Agora vese que a cousa comeza a exportar un pouco (o piri piri en realidade coido que é máis ben africano). 

Bueno pois mira, resulta que por onde Metro Lista, polo barrio de Salmanca hai unha confitería coma mí enfocada ó choio dos Pasteis de Natas. E de hai 5 anos a esta parte, en todos lados (incluindo en todos os supermercados de España) hai sempre uns pasteis de nata.... horribles!

Neste caso eu vin que estaban ahí preparando os pasteis á vista e forneando cada pouco, e pensei: pode que estén ben, porque o choio destes pasteis de nata e que estén fresquiños. E acertei. Así que se tedes antollo de pasteis de nata, ou se queredes un petisco dulce por Goya, e non queredes caer nun cronut ou na proxima moda que veña dos USA, estes pasteis son sempre o mesmo pero nunca están mal.


E non hai queixa, os pasteis de nata estaban ainda morniños, non enfriararan (e estabamos a media mañá, así que van facendo ós poucos). A crema estaba suaviña, non moi apelmazada. E coma detalle bó (que a moitos vos será igual) teñen canela e azucre glas. Eu é que o natas, con canela millor. 


O Natas Artesanos está OK, ademáis teñen café Delta ben feito.


Cachivache Taberna

Paseando pola cidade de Madrid pois ves moitos sitios que teñen así unha decoración moderna e levan o nome de Taberna (ainda que non sempre reparo moito na parte de Taberna). Supoño que é a nova categoría que dan en chamar NeoTaberna ¿Ou son outros sitios? 

No caso de este Cachivache, segundo mirei logo para informarme do sitio, ven sendo un dos que inaguraron este fenómeno: de feito fora pon que xa cumpliron 10 anos. Oes, pois mira, iso é bo sinal de que funciona ben. Ademáis de iso dos aniversarios, observei que martes, mercores ou xoves... ¡¡estaba sempre cheo!!
 
 
Así que mira, para coñecer unha neotaberna, este era un bó sitio. E quedei bastante contento. En cociña non é que me abraiase tanto (no sentido que xa imaxinaba que ía por este roio), pero si me abraiou o amplia que é acarta (coido que máis de 30 pratos). E tamén gostei moito do acolledores e o atentos que eran todos. Non porque esperase o contrario, se non porque en sitios con tantos clientes ás veces non da para atender a todos, pero aquí, hai moito servicio e hai moi bó ambiente entre eles. 

En canto á comida o chicharron este que fan recen feitiño, ainda morno, moi ben, pero a orella á brasa en plan pulguita encantoume. Xa sei que non ten moita historia como cociña, pero é que sabía moi ben.

Gustoume moito e mira, ainda quedan unha chea de cousas por probar. Voltaría!

De comentar cousiñas un pouco fastidiosas, pois aquí (e en moitos outros sitios de Madrid) o viño por copas faiseme un tanto careiro. Non sei se pedindo a botella sairía mellor, pero observo que en Madrid subese de 4€ por copa case por calqueira viño de gama media.


Hong Kong 70 in Chinatown

Vaia que estou vendo que no Instagram amosa todo o texto así que en moitos casos repítese o texto, así que aquí non vou explicar outro choio. Fun visitar Usera para ver coma era o Chinatown e con gañas de comer alí. Ainda que hai un par de rúas que si son todas de negocios chinos, Usera é bastante máis variada e hai negocios de outros tipos e incluso bares tradicionales. Todo mezclado. Faise moi interesante. 

Fun cunha lista de sitios que recomendaran e estiven paseando e vendo. Nos restaurantes chinos do barrio son moito de poñer fotos no exterior dos pratos (unha amiga chinesa comentoume que non o fan para nós, se non para eles mesmos, que gostan de ver coma é a comida antes de pedila) así que puiden ver máis ou menos o que había. Está interesante e conto con regresar. Pero vin que había unha certo estilo maioritario e ... 

Non había moita cousa estilo Cantonés coma no HongKong. Así que ainda que parecía o máis "feito a propósito" e un tanto decorativo, pois alí lle fun. 


Por certo unha cousa bóa, e que puden levar o que non din comido nun tupper e xa arranxei a comida do día seguinte. Foi moi bóa visita. 

Resumo

Coido que estivo ben a experiencia. Puden comer bastante rico en todos os sitios e un pouco coñecer as cousas que estan cocendo (que apropiada a expresión!) en Madrid. Coido que a algún de estes sitios non hei poder voltar fácilmente (o Cachivache, por exemplo, coma dixen esta cheo case sempre, foi case unha casualidade conseguir sitio). Ó que máis estou voltando é ó das Natas Artesanas, porque esta moi perto do traballo e un café e un natas é un almorzo rápido e bastante ok. 

sábado, 28 de septiembre de 2024

Fondillón (de Alicante) e queixo verde (e azul)

 Pois eu xa tiña lido sobre o fondillón de cando era rapaz. Non me preguntedes en que libros lera sobre elo, pero sen saber que tipo de viño era nen de onde era, sí tiña seguro que fondillón era un tipo de viño. E polo menos, coma aquí en Galicia nunca escoitara falar del, supuxen que era algo que xa non existía ou algo así. 

Así que non vexades a miña sorpresa cando hai un cantos de anos comecei a escoitar sobre o Fondillón de Alicante. Non só existía, se non que se producía en España! Sobre a orixe, a historia e tal do viño, mellor un par de enlaces:

E bueno, entre as lembranzas esas de cando era cativo nos libros, que son curioso cas cousas escasas e que gosto moito dos viños "generosos", pois busquei a ver se daba conseguido unha botella para probar (porque nos restaurantes non me cadrou de velo, Xerez, Portos e Madeiras, a eito, pero Fondillón, nada de nada). 

E mira hai uns meses din en Vigo cunhas botellas (Casa Hermo) de Fondillón Alone. E tampouco estaba tan caro (mirade por Internet e veredes que estes choios facilmente suben de 30€).  E viu para casa, a esperar que houbera ocasión para probalo (esperei para abrilo cando tivera visitas, home, que é algo bastante especial).  

Coma foi esta primeira proba do Fondillón?

Para nada o que eu esperaba! Lera en moitos sitios que falaban dun "vino dulce" e en outros sitios incluso o metían xunto cos "vinos fortificados". Pois non, non se parece nada ós viños doces habituas (sexa un mistela, un Sauternes ou un Tokai): porque non é apenas doce! Igualmente tampouco se pode meter cos fortificados porque apenas ten 15º. 

O nome máis correcto supoño que debe ser o de chamalo vino rancio. O que pasa é que comercialmente a ver que no vai chamar así! Nadie o mercaría, pensarían que esta estropeado. Pero a min encántame o nome: é ben rebelde. 




O viño en cuestión que tomei, é Fondillón Alone (Gran Reserva) Cosecha 1987 (BoCopA). De cor parda (caoba) e traslúcida (ainda que é de uva tinta, Monastrell). Os aromas na copa son moi diversos e dificiles de describir, todo tipo de especias, froitos secos, froita madura. Logo en canto a sabor pois o que comento como sorprendente é que arrinca moi suave, moi cremoso (non é alcoholico, nen se lle nota o doce de entrada). Outra cousa peculiar é que ten certa frescura (fai pensar outra vez máis que non parece viño de uva branca - que non é). E o final é notaslle sabores moi intensos e típicos de viños moi vellos (café, algo de coiro, madeira) pero subtiles e contraponselle (agora sí) os toques doces de mel, froita confitada.  




Un pouco o resumo que quero dar é que foi o que me encantou é que é que sendo moi envellecido, e moi complexo, mantén moito equilibrio e non se pasa en nengunha dirección: non se pasa de doce, non se pasa de oxidado, ten un chisco de ácedo, non ten moito tanino nen tampouco é tan alcoholico. Gustome este ter un pouco de todo. E sobre todo que é diferente dos viños doces e sos fortificados, ten un carácter moi propio. 



(Oes, non sei coma categoriza este Fondillón Alone cos outros Fondillóns. Que quede claro que iste é dos de precio máis contido así que vamos a supoñer que non é dos de calidade top. Dame a min que non hei ter demasiadas opcións de probar os outros, porque o choio está escasísimo, caro e non chega moito a Galicia.)


Fondillón contra o queixo azul. 

Semella que a maridaxe ortodoxa do fondillón e con postres e froitos secos. O dos froitos secos entendo ben (de feito xa comentei que o viño ten moitos aromas coma os de eles). Pero o dos postres non o entendín tanto porque coma dixen on me parece un viño doce. Coido que non presta tanto. 

Nalgún sitio lin que o queixo azul, de sabores tan intensos non se lle pode entrar con ningún viño. Excepto tal vez un Madeira, un Porto, un Sauternes ou un Fondillón! Oes, coma eu adoro o queixo azul e quedaba un pouco de Fondillón logo da proba do outro día. Organicei un pequeno picoteo de queixos. 

E para comparar millor pois incluín de invitado un Tawny de Porto (Burmester Jockey Club Special Tawny Reserve). Non non quero dicir que estes viños sexan comparables (non o son para nada), pero era o Porto que tiña na casa aberto, e tamén considerei que era mellor comparalo con outro non tan vexo, máis doce e máis afroitado.

Para queixos, un de cada casa! Un Roquefort DOP (Leite de Ovella). Un Gorgonzola DOP (Leite de Vaca). E un Valdeón DOP (Ovella e Vaca). Todos eles de marca non moi coñecida, bastante regular. Nada especial. Pero eso sí, todos da DOP. 

E coido que me lío moito nas explicacións. Deixo estes comentarios:

  • É curioso que se lles diga "queixos azuis" porque o Gorgonzola e o Roquefort teñen barolo verde! (Na foto non se nota tanto - cousa de ilusións visuais nas pantallas, que vos vou contar que a sabedes co choio do vestido). 
  • Cada un dos tres queixos é ben diferente co seu tema particular. o Gorgonzola polo do cremoso e fluido que se pon (case escorrega polo plato). O Roquefort ten uns buratazos enormes e é o que ten o sabor coma máis picantiño. E o Valdeon é bastante diferente dos dous, máis firme, máis curado e moitísimo máis azul. A parte bóa e que se gostas dos queixos azuis, merece a pena ir saltando de un a outro porque son realmente diferentes. 
  • Ainda que apenas eran 50g de cada queixo, a verdade e que comezas con moita paixon e os disfrutas moito, pero as súas sabores tan intensas acaban saturando. Se cadra non é tan bóa idea de facer unha taboa só de queixos azuis se non sempre poñelos en minoría contra de outros queixos.


  • E mira, aquí entra xusto o tema dos viños ¿poden estes viños co queixo azul? Pois mira ahí estuvo a cousa curiosa: eu considero que este Fondillón é bastante subtil e desvirtuabase con sabor intenso do queixo. Aparteino e deixeino para cando rematara. 

  • En iso si que o sabor doce, o alcohol máis cargado e os toques afroitados do tawny si que saian por riba do queixo. Co queixo tomei o Porto.
  • E isto non quere dicir que ise fora millor viño. De feito o contrario. Para min ese Fondillón estaba demasiado interesante e mellor non co queixo. E que nesto das maridaxes non sempre o mellor viño é o que presta máis. En moitas ocasións mellor o contrario.